domingo, 11 de março de 2012

Terrorismo patronal en Skyes




A compañía de telemárketing Skyes na Coruña quere presentar para o seu persoal na cidade un novo ERE.
As traballadoras e traballadores afirman que esta nova regulación de emprego afectará a un total de 165 postos de traballo dos 291 existentes na actualidade e que, con iso, o que a empresa pretende é desmantelar por completo o servizo que se leva a cabo desde as instalacións coruñesas.

Este é o cuarto ERE que a filial de Telefónica presenta en poucos anos e por culpa destes expedientes destruíronse máis da metade dos postos de traballo na plataforma. Ademais, critican que coa entrada en vigor da reforma laboral, o expediente non terá que ser revisado pola administración. Nesta regulación, a maioría das persoas afectadas serán mulleres.

Recordan que a Xunta ten potestade para esixir á empresa a recolocación dos empregados.

Nenhum comentário:

Postar um comentário