quarta-feira, 7 de março de 2012
Os funcionarios de xulgados protestan contra os recortes.
La Opinión de A Coruña
Os funcionarios dos xulgados da Coruña sumáronse onte ás protestas emprendidas en toda Galicia para protestar polos recortes da Xunta. Os manifestantes, que xa protestaran en anteriores ocasións durante o pasado mes, concentráronse fronte ao edificio dos xulgados e mostraron pancartas en defensa dos servizos públicos á vez que criticaban as medidas emprendidas polo Goberno autonómico de Alberto Núñez Feijóo. A manifestación estivo vixiada por axentes da Policía Nacional, aínda que a actitude dos funcionarios foi pacífica e non houbo incidentes.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário