sexta-feira, 23 de março de 2012

As traballadoras e traballadores galegos despedidos por un ERE xa son máis do dobre que o ano pasado.

As traballadoras e traballadores galegos despedidos por un ERE xa son máis do dobre que o ano pasado.


 REDACCIÓN La Opinión de A Coruña / AXENCIAS
O mercado laboral arrinca 2012 máis debilitado aínda, lonxe de mostrar algún síntoma de recuperación catro ano despois do inicio da crise. Os traballadores despedidos en Galicia mediante un expediente de regulación de emprego (ERE) en xaneiro xa son máis de dobre que os afectados un ano antes, ao pasar de 45 a 104 (un 131% máis). A Coruña concentra máis da metade destes despedimentos, con 67 casos, un 123% máis que fai un ano. O número total de traballadores incluídos nun ERE -de extinción, de suspensión ou de redución de xornada- reduciuse, con todo, en Galicia, ao pasar de 1.027 en xaneiro de 2011 a 746 este ano. A provincia coruñesa sumou o 55,8% do total, con 417 casos, Ourense foi a segunda con máis afectados, con 135, seguida de Lugo, con 116, e Pontevedra, con 78.
Ademais dos 104 traballadores despedidos na comunidade, 427 víronse afectados por unha suspensión temporal de emprego, e a 215 reducíuselles a xornada, segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Emprego.
As cifras do conxunto do Estado non son máis optimistas. O número de traballadores afectados por un ERE aumentou un 44,9% en xaneiro e os expedientes autorizados eleváronse un 33% con respecto ao mesmo mes de 2011. Os despedimentos colectivos repuntaron un 76,3% en xaneiro en España respecto de un ano antes, con 5.469 traballadores afectados, prácticamente o dobre que os 2.865 que perderon o seu emprego por esta vía en xaneiro de 2011. Os expedientes de extinción chegaron aos 418 en xaneiro, un 20% dos 2.067 procesos autorizados.
Os ERE de suspensión temporal alcanzaron os 1.036, un 29% máis, mentres que o número de afectados aumentou un 56,6%, ata os 16.008 traballadores. Ademais, a 5.711 traballadores aplicóuselles unha redución de xornada e o número de expedientes incrementouse un 19,4%, ata os 613 procesos.

Doutra banda a CIG onte na praza de María Pita fixo un chamamento á cidadanía a secundar a folga xeral ao grito de "contra o Goberno e contra o capital, o próximo día 29 folga xeral". O sindicato rexeita totalmente a reforma laboral e advirte de que non tratará nin de modificala porque seria tanto como darlle carta de natureza. A CIG celebrou 18 concentracións máis en toda Galicia.

Nenhum comentário:

Postar um comentário