quarta-feira, 14 de março de 2012

O Concello do PP descarta a subrogación dos traballadores y traballadoras da Torre. Boicot ao concurso ilexitimo !


Ábrese o proceso de contratación de persoal da Torre de Hércules 
El Ideal Gallego REDACCIÓN | EFE | 


O Concello da Coruña anunciou hoxe que contratación temporal do persoal da Torre de Hércules será convocada mañá a través do Consorcio de Turismo.

"As persoas interesadas, que deberán contar cunha formación específica e idiomas, poderán presentar a súa solicitude desde o vindeiro venres ata o 30 de marzo."

O persoal estará formada por un coordinador, oito informadores turísticos, máis tres que se incorporarán en épocas de tempada alta, e dúas limpiadores.

A responsable municipal de Emprego e Empresa, Luisa Cid, destacou que o novo contrato garante a atención aos turistas e o mantemento do faro á vez que permitirá aforrar 100.000 euros ao ano en gasto de persoal.

Esta anuncio supón a consumación da proposta do goberno local de convocar un novo concurso e non subrogar os 13 postos de traballo existentes.

A Torre de Hércules, pechada desde o pasado mes de xaneiro, volverá abrirse ao público antes do 30 de xuño.

Nenhum comentário:

Postar um comentário