sexta-feira, 23 de março de 2012

ATENTO os traballadores e traballadoras protestan contra despidos e cambios nas condicións laborais.



O comité de empresa de Atento celebra a estas horas o primeiro dos dous paros dunha hora convocados para hoxe para protestar pola decisión da empresa de telemárketing de "aplicar con toda a contundencia a reforma laboral", denunciou Óscar Calvo, responsable da Federación de Banca de CIG. Os representantes dos traballadores quéixanse de que, ademais, a modificación "substancial" da xornada laboral, que a empresa aplicará argumentando un descenso nas chamadas, afecta precisamente "ó persoal que xa está contratado a tempo parcial", en concreto 160 traballadores con xornadas menores a 35 horas semanales do servizo Cat-ADSL.
Calvo recordou ademais que non é o primeiro conflito laboral na empresa, na que traballan ao redor de 700 persoas, xa que agora cúmprense cinco anos do despedimento de 200 empregados.
La voz de Galicia.

Nenhum comentário:

Postar um comentário