quinta-feira, 8 de março de 2012

O alcalde da Coruña anuncia que á torre de Hercules abrira ao publico antes do 30 de xuño e insulta a os traballadores e traballadoras da mesma.



Unha nota informativa na Voz de Galicia digital afirma que o alcalde de A Coruña ten a intención de abrir al publico a Torre de Hercules antes de finais de xuño; "xusto cando se cumprirán tres anos do seu nomeamento como Patrimonio da Humanidade. aclarou que setembro é o prazo máximo para a finalización das actuacións, pero que para o verán o obxectivo é que «estea aberta ao público, cun director á fronte e un bo equipo para que o faro luza en todo o seu esplendor, tras unhas obras que a deixarán nas mellores condicións de uso»."
Esta nova rectificación da data de apertura vense a sumar a incertidumbre dos trece traballadoras e traballadores da Torre que atopanse en medio dunha autentica "vendetta" contra eles promovida desde a concelleira Turismo e Emprego
Os traballadores que teñen presentado no concello os pasados dias perto de 9000 firmas para conquerir unha entrevista co alcalde ven agora  como este adicase a descalificar a laboura destes traballadores e traballadoras que permitiu o nomeamento da Torre como Patrimonio da Humanidade.


Nenhum comentário:

Postar um comentário