terça-feira, 13 de março de 2012

Solidaridade cos traballadores e traballadora de Sykes



O comité de empresa da multinacional yankee do telemarketing Sykes Enterprises na Coruña iniciou esta mañá un encerro nas oficinas de Telefónica na cidade en protesta polo despedimento de 81 traballadores indefinidos e 84 temporais.

A dirección da multinacional executou estes despedimentos alegando a perda dunha campaña con Telefónica, polo que os traballadores esixen á empresa española que "aclare" que empresa vai ser a adjudicataria do servizo.

Así mesmo, esixiron a recolocación dos traballadores que realizaban esta campaña en Sykes na nova contratista.

O comité remitiu xa un escrito á Consellería de Traballo pedíndolle que implique no novo Expediente de Regulación de Emprego de Sykes e garantindo a recolocación dos traballadores.

Nenhum comentário:

Postar um comentário