domingo, 18 de março de 2012

Mercado de Troco oganizado no Agra do Orzán organizado pola Asamblea do 15 M.

Os veciños do Agra do Orzán recuperan a arte do troco cun mercadillo sabatino

Os usuarios poden intercambiar os seus artigos de segunda man
El ideal gallego
Recuperar a arte do trueque para concienciar á cidadanía de que non todo se compra con diñeiro e que en casa sempre hai demasiadas cousas que non se utilizan. Eses son as motivaciones principais que levaron a un grupo de mozos do Agra do Orzán, pertencentes á asemblea do 15-M, a organizar o “Mercado do Troco”.

Un evento que comezou de xeito experimental o pasado febreiro e que se consolidou ata converterse nunha cita habitual o segundo sábado de cada mes. “O primeiro tivo moi bos resultados porque fixo bo tempo, por iso animámosnos/animámonos a facer outro”, comentaban onte os organizadores.

E pese á choiva caída durante a mañá, foron moitos os veciños que se achegaron ata as inmediaciones do mercado das Conchiñas para intercambiar os seus artigos de segunda man. “Hai de todo, pero abunda a roupa, os zapatos, libros e sobre todo juguetes”, explicaron na asemblea. “O importante é que estean en bo estado”, subliñaron.

O éxito da fórmula foi tal que xa se está estendendo a outros barrios, como o de Monte Alto. Os organizadores tamén teñen previsto acompañar o mercadillo con charlas sobre consumo responsable e crecemento.

Nenhum comentário:

Postar um comentário