sexta-feira, 16 de março de 2012

Comunicado de solidariedade cos traballadores e traballadoras da Torre.

Temos recibido o presente comunicado dos compañeiros do CLP "Manolo Bello " en defensa dos traballadores e traballadoras da Torre de Hercules.

Comunicado.

O Comité de Loita Popular "Manolo Bello" quere facer publico a sua solidariedade e compromiso coa loita dos traballadores e traballadoras da Torre de Hercules de A Coruña.
Hoxe esta loita, de base laboral, tornase nun pulso político da clase obreira contra o concello dirixido polo Partido Patronal.
A camarilla de Negreira ten desatado unha persecución destes traballadores e traballadoras có indisimulado obxetivo de impoñer a suas politicas anti-obreiras aos traballadores e traballadoras da Coruña. Ese goberno municipal que tan só representa os intereses da patronal e os sectores mais dereitistas da cidade ten comenzado unha campaña de agresións e descalificacions da laboura deste compañeiros e compañeiras. Traballo exemplar e bó facer que foi parte importante da Declaración da Torre de Hercules como Patrimonio da Humanidade.
Recurrindo a toda clase de artimañas e letra pequena, do cal é experta a burguesia, tratan de xustificar seu indigno proceder para non subrogar os contratos destes traballadores e traballadoras e asi ter as mans limpas para facer novas contratacions en precario e mesmo pagar favores con eses postos de traballo.
Mais non tiveron en conta que os traballadores e traballadoras da Torre de Hercules non se rinden e contan có apoio do pobo e sectores progresistas de A Coruña.


Todos e todas cos compañeiros e compañerias

da Torre de Hercules en loita !

A Torre non se rinde !


A Coruña, marzo do 2012


Comité de loita popular "Manolo Bello"

Nenhum comentário:

Postar um comentário