domingo, 19 de fevereiro de 2012

Chamado aos traballadoras e traballadores da comarca de A Coruña






Estimados compañeiros e compañeiras:


Somos un grupo de traballadores e traballadoras que, preocupados polo goteo incesante de Expediente de Regulación de Emprego (ERE), despidos e o incremento da precariedade que se está a producir na Coruña e comarca pensamos que, para mellor responder a esta situación, corresponde aglutinar as forzas e proceder á unificación das loitas, globalizando, deste xeito, un problema que afecta a milleiros de traballadores pero que se afronta dun xeito disperso.

Queremos que os problemas que se poidan producir nunha empresa sexan coñecidos por toda a cidadanía dándolle unha resposta global e solidaria.

 Xa levamos máis de catro anos de “crise”, e ate  o de agora todos os seus custos están recaendo sobre os dereitos laborais, económicos e sociais da clase traballadora e o pobo.

Galicia é a 5ª comunidade con máis ERE autorizados no 2011 con 1.056  e 13.741 traballadores/as afectados, afectando os de extinción do posto de traballo, na Provincia da Coruña e só até novembro,  a 1.114 traballadores e os de regulación a outros 5.789 (sumando case a metade do total).


O rexistro do Servizo Público de Emprego Estatal constatou que, no mes de xaneiro de 2012, 1.161 coruñeses/as se inscribiron como demandantes de emprego, un incremento do 5,4% en só un mes, o que deixa a cifra total de parados na cidade en 22.556.


Na comarca pasa tres cuartos do mesmo, partindo dunha cifra total de 25.796 parados/as en xaneiro do ano 2009 a evolución nos tres últimos anos foi:



PARO REXISTRADO (segundo datos da Consellería de Traballo e Benestar)
CONCELLO
XANEIRO 2010
XANEIRO 2011
XANEIRO 2012
ABEGONDO
364
385
423
ARTEIXO
2.892
3.035
3.489
BERGONDO
444
482
574
CAMBRE
1.848
1.916
2.181
CARRAL
387
401
430
CORUÑA, A
19.401
20.629
22.556
CULLEREDO
2.334
2.450
2.714
OLEIROS
2.148
2.250
2.530
SADA
1.063
1.047
1.169
TOTAL
30.881
32.595
36.066



A situación é dramática e, como se observa, con tendencia a empeorar, a clase traballadora sofre cada día con máis virulencia os efectos dunha crise que non provocou. Méntennos cando din que as medidas que se toman son para favorecer o emprego, as receitas son sempre as mesmas (máis permisividade para efectuar os despidos e os Expedientes de Regulación, abaratando de paso os despidos e precarizando a situación dos poucos que poidan traballar) sendo os efectos, tamén, os mesmos (máis precariedade e paro).


Para continuar con este proxecto favorable ao capital máis salvaxe válense da nosa inacción. Temos que pasar deste estado catatónico á actividade. Se non nos mobilizamos a situación non fará máis que empeorar.



Vemos como na comarca da Coruña pechan empresas e preséntanse ERE todos os días con dinámicas de resposta illadas. Pensamos que se ten que producir un cambio de mentalidade. Precisamos aglutinar as forzas e as loitas para dar unha resposta global a un problema que pouco a pouco se vai globalizando.



Por este motivo, os asinantes desta carta convocan a unha reunión  o vindeiro 7 de marzo para constituír unha plataforma aberta a todos os traballadores e traballadoras en activo e desempregados/as, con independencia da súa afiliación sindical (se a teñen) e sexan do sector que sexa, para traballar na defensa dos dereitos da clase traballadora, sobre a base da unificación das loitas, xa que, insistimos, a unidade de tódolos traballadores e traballadoras é o único camiño para defendernos dos ataques que estamos a sufrir. A Coruña e comarca non se poden permitir un parado máis!.



Animámosvos a participar nesta plataforma aberta. Cantos mais sexamos mais forza faremos.



Grupo de traballo de Laboral da Rede de Barrios e Vilas da Coruña do #15M, Traballadores e traballadoras da Torre de Hércules.



sexta-feira, 17 de fevereiro de 2012

Contra a privatizacion da guarderia de Eiris.

En probas...

A CIG recheita a privatización da xestión da guardería de Eirís

 
La CIG rechaza la privatización de la gestión de la guardería de Eirís
Traballadores da escola infantil de Eirís se concentraron onte có apoio da CIG para amosar seu rechazo a que a mesma sexa gestionada por unha empresa privada, intención que achacan a la Xunta, ainda que esta o niega. Os 15 empleados reclaman un convenio para este sector e unha oposición coa que poidan optar a consolidación da suas plazas.


Tomado da Opinion de A Coruña