quinta-feira, 31 de maio de 2012

CONCENTRACIÓN AS 20:00h no Obelisco.

Nota: Esta entrada tiña que publicarse onte. Disculpade o erro. M.



Diversos medios e forzas do estudantado galego informan do desaloxo violento dos estudantes que atopaban-se pechados na Biblioteca Municipal de Ourense na madrugada de onte.
Como resposta, en diversas localidades galegas hai concentracións, en rexime de auto-convocatoria, para amosar o apoio aos estudantes e rexeitar a violencia polícial.

Na Coruña tera lugar ás 20:00h no Obelisco.

A Coruña en Loita sumase a protesta e rexeita enerxicamente a represión contra o estudantado galego que loita por un ensino publico e de calidade.

TODOS E TODAS Á CONCENTRACIÓN !

ABAIXO A REPRESIÓN !

quarta-feira, 30 de maio de 2012

Que pasa no Oncóloxico?





Á pregunta no Parlamento da Galiza por parte dunha diputada do BNG sobre a situación, do contrato de aluguer do Hospital Oncolóxico ten posto encima da mesa a situación deste hospital de referencia para enfermedades oncolóxicas na Coruña e mesmo na Galiza.
Este hospital esta a ser xestionado pola Fundación privada Centro Oncóloxico de Galicia có apoio do Concello de a Coruña e da Xunta de Galicia. As contas, opacas, desta fundación a cargo do gerente  Fernando Cachafeiro Villaverde, fan temer algún tipo de recorte de persoal, xa en precario, pola decisión de non cubrir as baixas o vacacións do profesionais do hospital.
Dende nosa plataforma sumamonos a estas demandas de transparencia e en defensa da sanidade publica e de calidade.


Todos e todas a Compostela !

sexta-feira, 25 de maio de 2012

Presentación do libro “Vixiados. Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939) ”

Pola presente quedas convidad@ á presentación do libro de Emilio Grandío, “Vixiados. Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939) ”, que terá lugar o próximo martes, día 29 de maio,a partir das 20’00 h. na Casa Museo Casares Quiroga (RúaPanadeiras, 12, A Coruña).

Na dita presentación intervirán:

Emilio Grandío, como autor da obra.
Francisco Pillado, como editor (EditorialLaiovento).
Inmaculada Fernández Teijeiro, da CRMH,presentando o acto.

Esperando vérmonos tod@s o martes 29 na Casa Museo Casares Quiroga, recibide un cordial saúdo.

Rubén Afonso Lobato, responsable de comunicación da CRMH da Coruña.

Novos despedimentos en Arias Irmáns





Denuncian o despedimento colectivo de 25 traballadores en Arias Irmáns na Coruña.
La Voz de Galicia/ Redacción

O comité de empresa asegura que a dirección debe vacacións e horas extras e que non se xustifican os despedimentos

O comité de empresa denuncia que a constructora Arias Irmáns ampárase na nova reforma laboral para o despedimento colectivo de 25 traballadoras, dun persoal de 144.

Os representantes dos traballadores recordaron que en xuño se presentou un ERE temporal por 119 empregados, aínda que se empregou únicamente para 20 e só 7 finalizárono.

O persoal reclama que se amplíe este expediente, pero aseguran que a constructora, durante o período de negociación, só rebaixaba os despedimentos a 15, pero recortábanlles moitos dereitos e non lles ofrecían garantías de face ao futuro.

Desde o comité de empresa, que integran UGT, CC.OO. e CIG, criticaron que se xustifique estas rescisiones por motivos económicos cando lles deben 1.558 horas extras do ano pasado e 950 días de vacacións, o que demostra que teñen carga de traballo. Neste sentido, tamén cuestionaron esta xustificación «cando despídenvos sen darlles ou preaviso e pagándolles vos 15 días». Aseguran que a empresa nos últimos 55 anos ha ter dificultades, pero consideraron que cada vez se vai a peor», indicou o presidente do comité, Felisindo Loureda. «Ampáranse na nova reforma, pero cremos que é unha manobra para facer negocio e desfacerse do persoal», considerou.

Así mesmo, cuestionaron que a nova dirección que entrou en decembro non participe directamente nas negociacións, así como a redución constante de persoal, xa que nos últimos tres anos suprimíronse 70 postos de traballo.

quarta-feira, 23 de maio de 2012

Concentración hoxe no Obelisco contra os recortes en Sanidade Pública



Artistas, escritores, oenegés e asociacións de enfermos apoian a protesta de SOS Sanidade Pública na Coruña.


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca ás 20 horas unha concentración no Obelisco

Seoane/ La Voz de Galicia.

Persoas do mundo da cultura e da literatura, así como portavoces de oenegés e representantes de colectivos de enfermos amosaron o seu apoio á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública que esta tarde, a partir das 20 horas de hoxe, concentrarase no Obelisco contando coa participación de personaxes significados que lerán textos a favor do sistema universal e público.
Confirmaron a súa presenza as actrices Isabel Martínez Risco e María Luisa Merelas, a cantautora Mercédes Peón, o ex xogador do Deportivo Manuel Ríos, "Manolete", así mesmo representantes de organizacións como Médicos Sen Fronteiras e de distintas asociacións de pacientes.
Manuel Rivas, Lino Braxe ou Pancho Pillado, que non poderán participar, trasladaron igualmente o seu apoio ás reivindicacións de SOS Sanidade Pública, que rexeita o establecemento de copagos e critica a restricción do dereito á asistencia sanitaria de colectivos como os inmigrantes irregulares, os pensionistas retornados ou os maiores de 26 anos que non coticen e non sexan demandantes de emprego, ou das amas de casa.



terça-feira, 22 de maio de 2012

23 de maio. CONCENTRACIONS CONTRA A REFORMA LABORAL.

Unidade !

Diante da convocatoria de folga xeral no ensino para o martes dia 22 a nivel estatal polo sindicato CC.OO. do Ensino publico co apoio de FETE-UGT, ainda que non convocan, tense manifestado, por parte da CIG unha oposición que  nesta coiuntura na loita contras as medidas anti-populares do goberno da Partido Patronal e da plutocracia europea resulta dificil de explicar.
Somos decididos partidarios que os sindicatos de ambito estatal respeten e actuen no marco das diversas nacionalidades do estado español dun xeito coordinado coas que son propias das mesmas, facendo parte das plataformas propias e sobre todo nos sectores no que os sindicatos nacionais son maioritarios.
Todas e todos os mestres galegos, dos diversos niveis, teñen sufrido recortes nos seus dereitos é son concientes da sua repercusión na calidade de seu traballo, e algo moi importante, que ninguen sobra  nesta loita. O sentir maioritario é a unidade na loita, dun xeito consecuente e sin renunciar a criticar as actitudes pactistas de certos sinidicatos estatais.
Loita que ten que se unitaria pois non só afecta esta xeneración mesmo a la dos nosos netos e netas. Tratase dun ataque directo aos intereses dos traballadores e traballadoras sexan do sector publico ou privado.
As organizacions sindicais teñen á obriga, a responsabilidade, de deixar as diferencias para atopar espacios de unidade na loita. O mesmo, non significa abandoar os prinicipios de ninguen, tratase de dar un paso a diante na loita consecuente e non nó fraccionalismo que é o quere noso inimigo.
Goberno que no duvida en dar cobixo a banqueiros ladrons, politicos corruptos ou asasinos de animais. Mentras  o monicreque de Feijoo gasta en cadeiras de deseño os cartos que negan a nosa lingua e a sua normalización.
Facemos un chamado a reflexión, a xenerosidade, a poñer na liña do frente toda-las forzas, para esmagar as medidas do goberno reaccionario da Xunta e de Madrid.

Todo o Ensino Publico paralizado o vindeiro 22 de maio !

Plataforma A Coruña en Loita.

segunda-feira, 21 de maio de 2012

A Coruña: Convocan concentración diante das Escolas Infantis del Elviña e de Oza .


Traballadores das Escolas Infantis da Coruña convocan manifestacións contra os recortes.
O comité asegura que Benestar destruír 200 postos de traballo

O comité de Traballo e Benestar da Coruña continúa mañá coa campaña "futuro para os centros de Traballo e Benestar " coa realización de dúas concentracións, a primeira ás 9:30, fronte a Escola Infantil de Oza, eo segundo ás 11 no centro de Elviña, a fin de protestar "polos de 200 Postos de traballo que queren destruír a Consellería" e oporse a lei de medidas que afectan os funcionarios públicos do Goberno da Xunta, que acaba de ser denunciado polos sindicatos CIG xudicialemnte, UGT, DC. OO, e CSIF por unha disputa laboral e de chamar a lei inconstitucional.


A CUT apoia o chamado a folga no ensino o 22 de maio.

Folga no ensino o día 22

Cando no Claustro acabamos de asinar un pronunciamento, por unanimidade, en contra do Real Decreto 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, atopámonos coa convocatoria de folga (o día 22) feita polos sindicatos estatais. O ámbito da convocatoria abarca as tres Universidades Públicas Galegas. Compre, polo tanto, manifestarse ao respecto..

A convocatoria recolle todos os puntos do pronunciamento realizado no Claustro do día 15.

Contra o incremento da xornada lectiva que levará ao paro a moitos docentes e a masificación nas aulas.
Contra o incremento das taxas que fará que o ensino superior sexa exclusivo das clases máis ricas quedando a clase traballadora excluída deste nivel educativo; feito que se fará máis evidente ao se eliminar as políticas de bolsas e substituír este “fondo educativo” por préstamos reintegrables. Desaparece, deste xeito a universidade como elemento de equilibrio de clases, os que sexan pobres, os que non poidan pagar, estarán condenados a esa situación independentemente das súas capacidades.
Ten, este aspecto, un matiz non sinalado, si o incremento das taxas leva á redución do número de alumnos, haberá carreiras que se resentirán moito máis que agora da diminución das matrículas o que as levará, baixo a óptica que emana do propio decreto, a ser eliminadas, esta diminución de titulacións afectará a toda a Comunidade Universitaria, tamén ao PAS.
Outro factor, do que se fala menos, é a introdución no dito decreto do criterio de “racionalización do gasto” o que sen dúbida levará, xa leva porque a nosa Universidade xa o anunciou, á limitación, cando non á diminución das Relacións de Postos de Traballo (RPT).
Todas estas medidas afectan especialmente á Universidade da Coruña por tratarse dunha universidade inserida nunha nación deprimida e dunha institución con escaso financiamento.
O noso sindicato (CUT) non vai facer de esquirol diante dunha convocatoria por motivos xustos. Aínda non sendo o noso ámbito de actuación (o estado), diante dun chamamento á mobilización non imos rexeitalo.
Pensamos que na actual situación compre establecer lazos que posibiliten a continuidade nas mobilizacións, participaremos nas convocatorias de manifestacións como bloque crítico reclamando unha nova folga xeral.

FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL!!!

sexta-feira, 18 de maio de 2012

Un centenar de traballadores de Einsa concéntranse diante da delegacion do Goberno





O colectivo protesta polo anuncio da empresa de realizar 29 despedimentos e unha baixada do soldo do 13 %
A Coruña, 18.05.12 / La voz de Galicia.
Os traballadores de Einsa, que levan dez días nun paro indefinido, concentráronse esta mañá diante da delegacion do Goberno na Coruña para protestar polos despedimentos que quere levar a cabo a empresa, xunto coa baixada do soldo un 13%. Os traballadores tamén denuncia que a empresa recibiu ao redor de 50 millóns de euros en subveciones.

Dende A Coruña en Loita amosa seu apoio e solidariedade ao colectivo de traballadores e traballadoras da empresa EINSA PRINT.

domingo, 13 de maio de 2012

12M: Importante manifestación na Coruña.-

Imaxe na Plaza de Maria Pita./ La voz de Galicia

Imaxe da manifestación a sua saida da Plaza da Palloza. / La voz de Galicia

Imaxe do paso da manifestación diante a Delgación do Goberno. / A Coruña en Loita

sexta-feira, 11 de maio de 2012

A CIG protesta polo pre-acordo do Convenio do Telemárketing


A CIG elixiu a sé de Eurocén, a empresa de telemárketing en Galicia con máis traballadores, para expresar o seu rexeitamento ao preacuerdo do convenio do sector. Cunha concentración en Matogrande expresaron a súa oposición a un acordo que din que supoñería unha perda de nivel adquisitivo próximo aos 600 euros anuais. O preacuerdo recolle unha subida salarial do 0,5 % para o período 2010 e 2011, mentres que para o 2012 e 2013 situaríase no 0,7 %. «Son subas por debaixo do IPC, que nunca foi inferior nestes últimos anos ó 0,2 %», apunta o responsable do sector da CIG e asegura que isto se produce nun momento no que o PP apoiou o incremento de gastos básicos en recibos como a luz e a auga. Calvo apunta ademais que é unha situación que empobrece aínda máis os salarios dun persoal que de media roza o «mileurismo».

Importantes mobilizacions contra os recortes no ensino e na sanidade.

Imaxe da manifestación na Coruña na que a unidade de acción dos sindicatos estudantes rachou a ultima hora. / La voz de Galicia

Imaxe da mobilización dos traballadores e traballadoras do CHUAC / La voz de Galicia


quinta-feira, 10 de maio de 2012

8 razóns para volver á rúa o 12M e seguir loitando.

Mobilización Mundial: 12 de maio manifestación na Coruña

Mobilización mundial: Manifestación na Coruña.



Compre Voltar?


O 15 de maio do 2011, millóns de persoas comezamos un proceso de cambio social, dando unha sinal clara e inequívoca de que non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros, expresando de maneira pública e masiva a nosa refusa a unhas institucións democráticas xa caducas. Durante todo ese ano a marea recorreu o planeta. Dende Túnez á Praza Tahrir, dende Madrid a Reijkiavik, dende Nova York a Bruselas, os pobos do mundo alzáronse, na Primaveira Árabe, na dignidade islandesa, na indignación do pasado 15 de Maio ou na Ocupación de Wall Street. Todos unidos denunciamos o estado actual do mundo e comezamos a camiñar xuntos.
En España, uns e outros gobernos (PPSOE) non propuxeron máis alternativa cá perda de dereitos adquiridos tras longas loitas, ou a renuncia a sequera desfrutalos algunha vez. Encontrámonos ante unha xeración que ve os seu mundo desaparecer, e outra, máis xove, que ve como nunca vivirán neses mundos prometidos. E namentres este 99% da poboación mundial empobrece, o 1%, dono de mercados e grandes fortunas (e con ilo, de gobernos), segue enriquecéndose cunha crise da que son os principais responsables.
Tras un ano voltamos, si, pero xa non só para protestar. Seguiremos apuntando ós verdadeiros causantes da crise, as súas políticas e as súas mentiras criminais disfrazadas de retórica baldeira. Non esquecemos. No perdoamos. Pero sabemos que as solucións xa non poden ser esixidas a gobernos corruptos, senón que teñen que ser construídas entre todos e todas. Esiximos un novo poder constituínte para recuperala democracia que nos pertence. Por iso, o 12 e 15 de maio volvemos ás rúas cunhas esixencias lexítimas e maioritarias convocando mobilizacións por todas partes, un ágora onde retornar a vernos as caras , unha folga de consumo, etc.

Estas son as nosas razóns:

1. Nin un euro máis para rescatar ós bancos. Auditoría cidadá da débeda. Non pagaremos a débeda ilexítima creada por aqueles que provocaron a crise.
2. Defensa dos bens comúns como a sanidade e a educación. Non ós recortes do gasto público, non á privatización dos servizos públicos, e fomentar a creación de institucións pro-común.
3. Reparto xusto do traballo, salario digno e non á precariedade. Non á xubilación ós 67 anos e retirada da Reforma Laboral.
4. Dereito garantido ó acceso a unha vivenda digna. Dación en pago retroactiva. Parque de vivendas de aluguer social. Promoción de cooperativas de vivenda.
5. Reforma fiscal que permita a distribución de forma xusta da riqueza que producimos entre todos e todas. Renta Básica universal para tódalas persoas.
6. Defensa dos dereitos e liberdades civís. Defensa dós dereitos de reunión, manifestación, folga, asociación, etc.
7. Reforma Xudicial. Derogación das novas tasas xudiciais e cambio do sistema fiscalizador do estado, promovendo un sistema xudicial mais eficiente e independente.
8. Democracia real, transparente e participativa. Cambio no sistema electoral cara a un máis representativo e xusto

Todos e todas contra os ataques do goberno dos banqueiros !

terça-feira, 8 de maio de 2012

Por un ensino publico, gratuito e de calidade ! Chamado da Coordinadora A Coruña en Loita.




Comunicado

Diversas forzas sindicais, estudantiles, colectivos pedagoxicos e  APAS  teñen convocado para o vindeiro xoves 10 de maio unha Xornada de Loita, tanto a nivel galego como Estatal, contra os recortes do goberno do PP no ensino publico e a brutal subida das tasas na universidade, medida que deixara fora da mesma, a moitos fillos e fillas de traballadores.
Dende a Plataforma A Coruña en Loita sumamonos as movilizacions convocadas na Coruña e comarca e facemos un chamado aos traballadores e traballadoras, estudantes e desempregados e desempregadas a participar activamente na manifestación unitaria convocada o dia:


10 de maio as 12:00 con saida dende a plaza da Palloza.

Coidamos necesaria unha resposta unitaria dos sectores populares contra as medidas do goberno dos banqueiros e dos monopolios. Só o camiño da loita e da unidade pode frear as medidas que pretenden impoñer no ensino publico ou a sanidade. Medidas anti-populares, mesmo anti-democraticas, mentras eles adicanse a gastar os cartos publicos en "safaris" o mesmo roubando millons de euros con total impunidade.
Temos que poñer fin a tantos despropositos con unha permanente e sostida movilización, coa denuncia permanente dos despidos, deshaucios, EREs e demais atopellos contra os traballadores e traballadoras, ata convocatoria dunha nova Folga Xeral, mesmo indefinida, que derrube este goberno reaccionario e suas medidas contra o Pobo abrindo un novo escenario político tanto na Galiza, como no Estado.

A Coruña, a 8 de maio do 2012

Plataforma A Coruña en Loita.

sexta-feira, 4 de maio de 2012

10 de maio Folga no Ensino. Chamado de Galiza Nova





Galiza Nova por unha folga estudantil masiva o vindeiro 10 de maio contra os ataques do PP ao ensino. Baixo o lema “o ensino é un dereito, non un privilexio” a nosa organización está a realizar unha intensa campaña de repartos ás portas dos centros de ensino, así como de xuntas de delegadas/os e asembleas informativas.
Esta xornada de Folga no ensino medio e universitario é a primeira resposta contra unhas decisións socialmente inxustas que pretenden expulsar do ensino público ás fillas e fillos das traballadoras e traballadores.
Iria Aboi augura unha Folga estudantil “masiva e un respaldo importante” ás mobilizacións convocadas nas 7 cidades galegas, así como en Vilagarcía, Burela e Verín. Ademais desde Galiza Nova estamos a traballar para que haxa máis concentracións e agardamos facelas públicas nos vindeiros días.
De seguido veñen indicados os lugares e horas das mobilizacións xa confirmadas para o día 10:
— Santiago de Compostela, na praza do Toral ás 12:00h
— A Coruña, na praza da Palloza ás 12:00h
— Ferrol, na praza 10 de marzo ás 12:00h
— Lugo, na praza do Seminario ás 12:00h
— Ourense, na rúa Concello (diante da Delegación Consellaría Educación) ás12:00h
— Pontevedra, na Subdelegación do Goberno ás 12:00h
— Vigo, na praza de América ás 12:00h
— Burela, na praza da Capitanía ás 12:00h
— Verín, na praza do Concello ás 12:00h
— Vilagarcía, na praza de Galiza ás 12:00h

10 de maio Folga no Ensino. Chamado da Liga Estudantil Galega.



Nas últimas semanas, o goberno do PP perpetrou un dous maiores ataques ao ensino público dos últimos tempos, ao levar acabo un terríbel axuste pola vía dos recortes no canto de fomentar e impulsar políticas económicas expansivas que favorezan as maiorías sociais do Estado.
Fíxoo primeiro coa presentación do Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, no que, no tocante ao ensino, recórtanse en máis dun 20% as partidas do Ministerio de Educación e Ciencia, unha redución de máis de 600 millóns de euros en programas educativos do Estado. Tamén se reduce en máis dun 10% a partida de bolsas do MEC (166 millóns de euros menos). O recorte en investigación é aínda máis dramático, ao chegar a unha redución de case o 35% en relación ás partidas do ano pasado, 630 millóns de euros menos.
Poucos días despois desta publicación, o Ministerio de Educación volveu ás andadas, desta volta co anuncio do incremento de até un 66% das taxas universitarias. Estas medidas suporán que a matrícula media rolde os 1.500€ en primeira convocatoria, e a partir da 4ª matriculación terase que sufragar a suposta “totalidade do custe” do crédito (máis de 6.000€ por curso completo). Ademais, búscase unha diferenciación en base ao “custe da titulación”, algo que previsibelmente fará que os prezos nas carreiras experimentais se multiplique, e estas titulacións serán inaccesíbeis para a maioría do estudantado.
Ademais, na actualidade a matrícula non equivale só ao 15% do custe total como di o Goberno, xa que ese baremo (orzamentos dunha universidade / alumnado) non é para nada realista, ao contabilizárense aspectos orzamentarios que nada teñen que ver coa docencia e o progreso académico do alumnado. En realidade, hoxe en día pagamos máis dun 40% do total do custe total.
Este estrangulamento económico feito sobre o estudantado é un proceso que repercute dun xeito enormemente negativo no papel de redistribución social que debería xogar a Universidade, que crea unha maior polarización social entre os que poidan pagar os seus estudos e os que teñan que deixar a súa formación por motivos estritamente económicos.
O ensino universitario é un dereito e non un privilexio, polo que apostamos pola desaparición das trabas que actualmente existen para o libre acceso á universidade comezando pola conxelación das taxas e a súa progresiva desaparición. Este só será realmente público e democrático cando os criterios de renda non sexan un problema para o seu acceso. O financiamento ten que ser público, como garante de que a ensinanza está encamiñada a valores sociais e non determinada por intereses económicos.
Por todo isto, desde a Liga Estudantil Galega convocamos unha folga no ensino o vindeiro 10 de maio e chamamos ao conxunto do estudantado galego para que se mobilice e amose o seu rexeitamento á brutal suba de taxas e ás medidas de recortes que acaban de impoñer dende o Goberno do Estado, que constitúe o maior ataque ao ensino público que se recorda en moitos anos. Na nosa man está, como estudantado comprometido co ensino público, loitar e amosar na rúa o noso rexeitamento a unhas medidas encamiñadas a elitizar a universidade e impedir o acceso ás maiorías sociais.

A continuación deixámosvos unha relación coas mobilizacións que terán lugar o vindeiro día 10 de maio:
— Santiago de Compostela, na praza do Toral ás 12:00h
— A Coruña, na praza da Palloza ás 12:00h
— Ferrol, na praza 10 de marzo ás 12:00h
— Ourense, na rúa Concello (diante da Delegación Consellaría Educación) ás12:00h
— Pontevedra, na Subdelegación do Goberno ás 12:00h
— Vigo, na praza de América ás 12:00h
— Burela, na praza da Capitanía ás 12:00h
— Verín, na praza do Concello ás 12:00h
— Vilagarcía, na praza de Galiza ás 12:00h
— Lugo (por confirmar).

O 10 de maio, folga no ensino!
Este modelo económico e social non funciona!
Non á suba das taxas! Non aos recortes!

quinta-feira, 3 de maio de 2012

Nota da Comisión pola Recuperación da Memoria Historica da Coruña.


Imaxe terrible dos corpos dos asasinados polos fascista no cemiterio de Badajoz 1936.



QUERELA ARXENTINA: XENOCIDIO FRANQUISTA

A Querela Arxentina: Xenocidiofranquista, que tramítase no Xulgado da Doutora María Romilda Servini de Cubría, foi presentada diante daXustiza Arxentina o 14 de abril de 2010. Responde ao principio de XustizaUniversal, o mesmo no que baseóuse a Xustiza do Estado español, a través doXuíz Garzón, para xulgar os delitos de LesaHumanidade ou de Xenocidiocometidos na Arxentina, así como tamén en Chile a Pinochet.

O mecanismo básico, dirixido acalquera persoa que poda testemuñar dun delito de desaparición e / ou asasinatode alguén durante a ditadura fanquista, consiste en responder a este correo,indicando a vontade e identidade da(s) persoa(s) que desexen denunciar dito(s)delito(s). Eu, como persoa encargada de recompilar todo tipo de adherencias aesta querela, contactarei cos  dous avogados arxentinos que están levandoa causa no Estado Español, Carlos Slepoye Ana Messuti, que operan como avogados dosquerelantes, pois son eles quen coordinan e operan como apoderados dosquerelantes. E dado que a Xuíza federal arxentina, Servini de Cubría, ten aintención de desplazarse ao Estado español a fíns de xuño, e ten a intención dedesprazarse, tanto á embaixada arxentina en Madrid, como aos consuladosarxentinos que hai no Estado, para tomar declaración  a todas as persoasque decidan sumarse á querela, o único que habería que facer, por parte decalqueraz persoa que manifeste a súa intención de unirse á querela, sería CUBRIR E ASINAR o impreso que se adxunta (antes do 1 de xuño de 2012), e, cando veñaa Xuíza Servini a Galicia (sería a Vigo, que é onde está o consuladoarxentino), faríamos por organizar o traslado das persoas querelantes a ditoconsulado.

O impreso que se adxunta consistenun escrito, indicando a identidade da persoa querelante, e unha brevedescrición do delito do que a persoa querelante é testemuña. A este escrito, sehoubera, deberá acompañarse todo tipo de documentación (evidentementefotocopiada, nunca os orixinais) que poda enriquecer a descrición do delito adenunciar. Fotos, documentos xudiciais, etc. Pero se non houbera ningúndocumento, pois non pasaría nada.

Pero, se tés a intención departicipar coa tua testemuña neste proceso de denuncia do franquismo, non téspor qué viaxar a Arxentina. Podes facelo desde a túa casa, contestanto a estecorreo, ou chamando ao teléfono 645029338(preguntando por Rubén, e preferiblemente polas tardes, por razónslaborais). É moi importante esta denuncia, xa que logo de 40 anos de ditadura,e de 35 de impunidade, non pode ser que aínda sigamos camiñando sobre os ósosde persoas asasinadas polo réxime ditatorial de Franco, non pode ser que a nosademocracia non peche dunha vez esas feridas abertas polo franquismo. Xa abonda,xa chegou a hora de reclamar VERDADE, XUSTIZAe REPARACIÓN para todas as vítimas do franquismo.


Agardando polas vosas testemuñas,recibide tod@s unha forte aperta.


Rubén Afonso Lobato (tfno.645029338 - tardes), Secretario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.


P.D.- Por favor, re-envíen estecorreo a tódolos vosos contactos. Moitas grazas.

terça-feira, 1 de maio de 2012

Miles de traballadores e traballadoras manifestaronse este 1ºM. (Fotos prensa)

Imaxe da manifestación conxunta de CC.OO. e UGT/Cesar Quian
Imaxe da saida da manifestación convocada pola CIG/Cesar Quian

Imaxe a seu paso pola rúa Real da manifestación conxunta de CGT e CUT/A Coruña en Loita

Imaxe do acto de peche da manifestación da CIG có discuso de seu secretario xeral Suso Seixo
/ A Coruña en Loita.