segunda-feira, 21 de maio de 2012

A CUT apoia o chamado a folga no ensino o 22 de maio.

Folga no ensino o día 22

Cando no Claustro acabamos de asinar un pronunciamento, por unanimidade, en contra do Real Decreto 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, atopámonos coa convocatoria de folga (o día 22) feita polos sindicatos estatais. O ámbito da convocatoria abarca as tres Universidades Públicas Galegas. Compre, polo tanto, manifestarse ao respecto..

A convocatoria recolle todos os puntos do pronunciamento realizado no Claustro do día 15.

Contra o incremento da xornada lectiva que levará ao paro a moitos docentes e a masificación nas aulas.
Contra o incremento das taxas que fará que o ensino superior sexa exclusivo das clases máis ricas quedando a clase traballadora excluída deste nivel educativo; feito que se fará máis evidente ao se eliminar as políticas de bolsas e substituír este “fondo educativo” por préstamos reintegrables. Desaparece, deste xeito a universidade como elemento de equilibrio de clases, os que sexan pobres, os que non poidan pagar, estarán condenados a esa situación independentemente das súas capacidades.
Ten, este aspecto, un matiz non sinalado, si o incremento das taxas leva á redución do número de alumnos, haberá carreiras que se resentirán moito máis que agora da diminución das matrículas o que as levará, baixo a óptica que emana do propio decreto, a ser eliminadas, esta diminución de titulacións afectará a toda a Comunidade Universitaria, tamén ao PAS.
Outro factor, do que se fala menos, é a introdución no dito decreto do criterio de “racionalización do gasto” o que sen dúbida levará, xa leva porque a nosa Universidade xa o anunciou, á limitación, cando non á diminución das Relacións de Postos de Traballo (RPT).
Todas estas medidas afectan especialmente á Universidade da Coruña por tratarse dunha universidade inserida nunha nación deprimida e dunha institución con escaso financiamento.
O noso sindicato (CUT) non vai facer de esquirol diante dunha convocatoria por motivos xustos. Aínda non sendo o noso ámbito de actuación (o estado), diante dun chamamento á mobilización non imos rexeitalo.
Pensamos que na actual situación compre establecer lazos que posibiliten a continuidade nas mobilizacións, participaremos nas convocatorias de manifestacións como bloque crítico reclamando unha nova folga xeral.

FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL!!!

Nenhum comentário:

Postar um comentário