sexta-feira, 11 de maio de 2012

A CIG protesta polo pre-acordo do Convenio do Telemárketing


A CIG elixiu a sé de Eurocén, a empresa de telemárketing en Galicia con máis traballadores, para expresar o seu rexeitamento ao preacuerdo do convenio do sector. Cunha concentración en Matogrande expresaron a súa oposición a un acordo que din que supoñería unha perda de nivel adquisitivo próximo aos 600 euros anuais. O preacuerdo recolle unha subida salarial do 0,5 % para o período 2010 e 2011, mentres que para o 2012 e 2013 situaríase no 0,7 %. «Son subas por debaixo do IPC, que nunca foi inferior nestes últimos anos ó 0,2 %», apunta o responsable do sector da CIG e asegura que isto se produce nun momento no que o PP apoiou o incremento de gastos básicos en recibos como a luz e a auga. Calvo apunta ademais que é unha situación que empobrece aínda máis os salarios dun persoal que de media roza o «mileurismo».

Nenhum comentário:

Postar um comentário