sexta-feira, 4 de maio de 2012

10 de maio Folga no Ensino. Chamado de Galiza Nova





Galiza Nova por unha folga estudantil masiva o vindeiro 10 de maio contra os ataques do PP ao ensino. Baixo o lema “o ensino é un dereito, non un privilexio” a nosa organización está a realizar unha intensa campaña de repartos ás portas dos centros de ensino, así como de xuntas de delegadas/os e asembleas informativas.
Esta xornada de Folga no ensino medio e universitario é a primeira resposta contra unhas decisións socialmente inxustas que pretenden expulsar do ensino público ás fillas e fillos das traballadoras e traballadores.
Iria Aboi augura unha Folga estudantil “masiva e un respaldo importante” ás mobilizacións convocadas nas 7 cidades galegas, así como en Vilagarcía, Burela e Verín. Ademais desde Galiza Nova estamos a traballar para que haxa máis concentracións e agardamos facelas públicas nos vindeiros días.
De seguido veñen indicados os lugares e horas das mobilizacións xa confirmadas para o día 10:
— Santiago de Compostela, na praza do Toral ás 12:00h
— A Coruña, na praza da Palloza ás 12:00h
— Ferrol, na praza 10 de marzo ás 12:00h
— Lugo, na praza do Seminario ás 12:00h
— Ourense, na rúa Concello (diante da Delegación Consellaría Educación) ás12:00h
— Pontevedra, na Subdelegación do Goberno ás 12:00h
— Vigo, na praza de América ás 12:00h
— Burela, na praza da Capitanía ás 12:00h
— Verín, na praza do Concello ás 12:00h
— Vilagarcía, na praza de Galiza ás 12:00h

Nenhum comentário:

Postar um comentário