terça-feira, 22 de maio de 2012

Unidade !

Diante da convocatoria de folga xeral no ensino para o martes dia 22 a nivel estatal polo sindicato CC.OO. do Ensino publico co apoio de FETE-UGT, ainda que non convocan, tense manifestado, por parte da CIG unha oposición que  nesta coiuntura na loita contras as medidas anti-populares do goberno da Partido Patronal e da plutocracia europea resulta dificil de explicar.
Somos decididos partidarios que os sindicatos de ambito estatal respeten e actuen no marco das diversas nacionalidades do estado español dun xeito coordinado coas que son propias das mesmas, facendo parte das plataformas propias e sobre todo nos sectores no que os sindicatos nacionais son maioritarios.
Todas e todos os mestres galegos, dos diversos niveis, teñen sufrido recortes nos seus dereitos é son concientes da sua repercusión na calidade de seu traballo, e algo moi importante, que ninguen sobra  nesta loita. O sentir maioritario é a unidade na loita, dun xeito consecuente e sin renunciar a criticar as actitudes pactistas de certos sinidicatos estatais.
Loita que ten que se unitaria pois non só afecta esta xeneración mesmo a la dos nosos netos e netas. Tratase dun ataque directo aos intereses dos traballadores e traballadoras sexan do sector publico ou privado.
As organizacions sindicais teñen á obriga, a responsabilidade, de deixar as diferencias para atopar espacios de unidade na loita. O mesmo, non significa abandoar os prinicipios de ninguen, tratase de dar un paso a diante na loita consecuente e non nó fraccionalismo que é o quere noso inimigo.
Goberno que no duvida en dar cobixo a banqueiros ladrons, politicos corruptos ou asasinos de animais. Mentras  o monicreque de Feijoo gasta en cadeiras de deseño os cartos que negan a nosa lingua e a sua normalización.
Facemos un chamado a reflexión, a xenerosidade, a poñer na liña do frente toda-las forzas, para esmagar as medidas do goberno reaccionario da Xunta e de Madrid.

Todo o Ensino Publico paralizado o vindeiro 22 de maio !

Plataforma A Coruña en Loita.

Nenhum comentário:

Postar um comentário