quarta-feira, 23 de maio de 2012

Concentración hoxe no Obelisco contra os recortes en Sanidade Pública



Artistas, escritores, oenegés e asociacións de enfermos apoian a protesta de SOS Sanidade Pública na Coruña.


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca ás 20 horas unha concentración no Obelisco

Seoane/ La Voz de Galicia.

Persoas do mundo da cultura e da literatura, así como portavoces de oenegés e representantes de colectivos de enfermos amosaron o seu apoio á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública que esta tarde, a partir das 20 horas de hoxe, concentrarase no Obelisco contando coa participación de personaxes significados que lerán textos a favor do sistema universal e público.
Confirmaron a súa presenza as actrices Isabel Martínez Risco e María Luisa Merelas, a cantautora Mercédes Peón, o ex xogador do Deportivo Manuel Ríos, "Manolete", así mesmo representantes de organizacións como Médicos Sen Fronteiras e de distintas asociacións de pacientes.
Manuel Rivas, Lino Braxe ou Pancho Pillado, que non poderán participar, trasladaron igualmente o seu apoio ás reivindicacións de SOS Sanidade Pública, que rexeita o establecemento de copagos e critica a restricción do dereito á asistencia sanitaria de colectivos como os inmigrantes irregulares, os pensionistas retornados ou os maiores de 26 anos que non coticen e non sexan demandantes de emprego, ou das amas de casa.



Nenhum comentário:

Postar um comentário