quinta-feira, 10 de maio de 2012

Mobilización mundial: Manifestación na Coruña.



Compre Voltar?


O 15 de maio do 2011, millóns de persoas comezamos un proceso de cambio social, dando unha sinal clara e inequívoca de que non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros, expresando de maneira pública e masiva a nosa refusa a unhas institucións democráticas xa caducas. Durante todo ese ano a marea recorreu o planeta. Dende Túnez á Praza Tahrir, dende Madrid a Reijkiavik, dende Nova York a Bruselas, os pobos do mundo alzáronse, na Primaveira Árabe, na dignidade islandesa, na indignación do pasado 15 de Maio ou na Ocupación de Wall Street. Todos unidos denunciamos o estado actual do mundo e comezamos a camiñar xuntos.
En España, uns e outros gobernos (PPSOE) non propuxeron máis alternativa cá perda de dereitos adquiridos tras longas loitas, ou a renuncia a sequera desfrutalos algunha vez. Encontrámonos ante unha xeración que ve os seu mundo desaparecer, e outra, máis xove, que ve como nunca vivirán neses mundos prometidos. E namentres este 99% da poboación mundial empobrece, o 1%, dono de mercados e grandes fortunas (e con ilo, de gobernos), segue enriquecéndose cunha crise da que son os principais responsables.
Tras un ano voltamos, si, pero xa non só para protestar. Seguiremos apuntando ós verdadeiros causantes da crise, as súas políticas e as súas mentiras criminais disfrazadas de retórica baldeira. Non esquecemos. No perdoamos. Pero sabemos que as solucións xa non poden ser esixidas a gobernos corruptos, senón que teñen que ser construídas entre todos e todas. Esiximos un novo poder constituínte para recuperala democracia que nos pertence. Por iso, o 12 e 15 de maio volvemos ás rúas cunhas esixencias lexítimas e maioritarias convocando mobilizacións por todas partes, un ágora onde retornar a vernos as caras , unha folga de consumo, etc.

Estas son as nosas razóns:

1. Nin un euro máis para rescatar ós bancos. Auditoría cidadá da débeda. Non pagaremos a débeda ilexítima creada por aqueles que provocaron a crise.
2. Defensa dos bens comúns como a sanidade e a educación. Non ós recortes do gasto público, non á privatización dos servizos públicos, e fomentar a creación de institucións pro-común.
3. Reparto xusto do traballo, salario digno e non á precariedade. Non á xubilación ós 67 anos e retirada da Reforma Laboral.
4. Dereito garantido ó acceso a unha vivenda digna. Dación en pago retroactiva. Parque de vivendas de aluguer social. Promoción de cooperativas de vivenda.
5. Reforma fiscal que permita a distribución de forma xusta da riqueza que producimos entre todos e todas. Renta Básica universal para tódalas persoas.
6. Defensa dos dereitos e liberdades civís. Defensa dós dereitos de reunión, manifestación, folga, asociación, etc.
7. Reforma Xudicial. Derogación das novas tasas xudiciais e cambio do sistema fiscalizador do estado, promovendo un sistema xudicial mais eficiente e independente.
8. Democracia real, transparente e participativa. Cambio no sistema electoral cara a un máis representativo e xusto

Nenhum comentário:

Postar um comentário