sábado, 17 de março de 2012

A Coruña en Loita convoca manifestación o proximo 25 de marzo.




A Coordinadora A Coruña en Loita ten convocado unha manifestación o vindeiro domingo 25 de marzo, as 12:00 con salida do Obelisco ata a plaza de Maria Pita.
A convocatoria ten por obxetivo a movilización dos traballadores e traballadoras de A Coruña e comarca para denunciar as medidas anti-populares coas que o goberno reaccionario do Partido Patronal quere facer que á crise economica capitalista a pague a clase obreira e o pobo traballador.

Temos que dar unha poderosa resposta de unidade e loita contra os despidos na Torre de Hercules, en Sykes e Atento e outras empresas do telemarqueting ou na Sanidade e administración, no metal. Só si temos conciencia que á loita decidida, polos nosos intereses de clase, é o unico camiño para derrotar á patronal e seus negros sonos de deixar sin dereitos aos traballadores e traballadoras.

A Coruña en loita, contra a reforma laboral e pola folga xeral !

A crise que a pague o capital !

Pola unificación das loitas, pola unidade da clase obreira contra a crise !

Nenhum comentário:

Postar um comentário