terça-feira, 20 de março de 2012

Protesta das enfermeiras do CHUAC por recortes do SERGAS.

As enfermeiras de Traumatología do Chuac
reclaman máis persoal para a quenda de noite 

As enfermeiras da Unidade de Traumatología do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña propuxeron á dirección de Enfermería do centro que se leve a cabo unha reestructuración do persoal para garantir a calidade asistencial.

As profesionais propoñen modificar o número de auxiliares de enfermería da Unidade na quenda de noite para poder volver á situación existente antes da súa reestructuración, cando cada á (norte e sur) estaba atendida por dúas enfermeiras. “Somos na actualidade a única unidade Médico-Quirúrxica do centro hospitalario que se atopa nesta situación”, din. Esta petición foi secundada polo servizo médico de Traumatología do centro, que o notificou á dirección de Enfermería.
Inseguridade.
“Sen menoscabar o traballo realizado por auxiliáres, consideramos que a maior parte da carga de traballo na quenda de noite recae sobre as enfermeiras. Somos consideradas legal e moralmente responsables últimas das accións que se aplican na atención dos pacientes. É por iso que na quenda de noite, aínda que podamos delegar algunha tarefa en auxiliáres, elas non poden suplir as nosas, xa que as súas funcione están moi delimitadas”, afirman as enfermeiras de Traumatología.

Tomado do Ideal Gallego

Nenhum comentário:

Postar um comentário