terça-feira, 27 de março de 2012

COMUNICADO



Todos e todas á folga xeral o 29 de marzo !

Compañeiros e compañeiras:
Desde a plataforma A Coruña en Loita facemos un enérxico chamado á folga xeral do próximo día 29 de marzo.
É moito o que se xoga a clase obreira e o pobo nesta folga pois nos enfrontamos ás medidas coas que a burguesía que pretende levar as condicións de traballo ao século XIX, deixando aos traballadores sen dereitos fronte á ditadura patronal.
Non llo imos permitir !
Pero non nos enganemos, isto é só o comezo da batalla, temos que ter como obxectivo traballar, nunha movilización sostida, por unha folga xeral indefinida en Galiza, no Estado español, en Europa... que permita derrocar a ditadura dos especuladores e dos explotadores.
Unha folga xeral indefinida que esmague os escuros soños da troika Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional e os soños imperiales da UE de Merkel e Sarkosy.

Non hai nada que negociar co goberno, como afirman alguns !

Esiximos a retirada integral do Decreto de Reforma Laboral !

Hoxe máis que nunca o mundo ten que cambiar de base e de rumbo e somos os traballadores e traballadoras, os parados, os pensionistas todos unidos osque temos que ser os protagonistas deste cambio, tomado as rúas, as prazas e paralizando toda a produción para poñer fin a este réxime de
opresión que chaman democracia e non o é.
A coordinadora A Coruña en Loita é unha plataforma plural, de unidade e polo mesmo chama a participar activamente nas diversas manifestacións que están convocadas na Coruña e comarca.

Compañeiras e compañeiros:

Pola nosa dignidade, polo futuro dos nosos fillos e fillas, polo noso pobo; a loitar!

 27 de marzo do 2012

Plataforma A Coruña en Loita

Nenhum comentário:

Postar um comentário