sexta-feira, 23 de março de 2012

Cea da República organizada pola CRMH





Os compañeiros e compañeiras da CRMH da Coruña envianos a seguinte nota informativa invitando a participar no vindeiro 13 de abril na Cea da República.

COMISIÓN PARA A RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA–
CEA DA REPÚBLICA 2012

HOTEL MELIÁ“MARÍA PITA”, VENRES, 13 DE ABRIL DE 2012, a partir das21’30 h.

O venres 13 deabril, a partir das 20’00 h.,teremos a presentación do libro editado pola CRMH da Coruña, onde se recollentodas as SEMBLANZAS das persoas asasinadas na comarca da Coruña no golpe deestado franquista, máis de 600 semblanzas magníficamente recollidas nun libroque será presentado ese día.Animámosvos a que participedes nese acto como invitad@s.

Pola presente,tamén quedas convidad@ á CEA DA REPÚBLICA 2012, que se celebrará este ano, noHotel Meliá “María Pita” ese mesmo venres 13 de abril, a partir das21’30 h. O seu custe será,como o ano pasado (aquí non hai crise!!), de 21EUROS, que poderedesingresar na conta corrente nª 2096 0489 113275331004. É ALTAMENTEpreferible (para facilitar a organización do evento), que ingresedes na entidade bancaria “CajaEspaña” anticipadamente o importe da cea, pero se vos fora imposiblefacelo, poderiades pagar alí mesmo. Na Cea da República, comotodos os anos, terá lugar o nomeamento da REPUBLICANA DE HONRA 2012, que esteano será outorgada a MARIVI VILLAVERDE. Achegamos unhapequena biografía desta muller, da cal nos honraremos coa súa presenza ese mesmodía.


Para apontarse aeste evento, non tedes máis que respostar a este mesmo correo (rupo@mundo-r.com), ou chamar por teléfono,SEMPRE LOGO DAS 15’00 h.– por razóns laborais-, ao teléfono 645029338.

Agardando, pois,pola vosa presenza, tanto na presentación do libro das SEMBLANZAS das vítimasdo franquismo na comarca da Coruña, como na celebración da CEA DA REPÚBLICA2012, recibide un cordial, afectuoso saúdo REPUBLICANO.

Rubén Afonso Lobato (secretario daCRMH da Coruña)


PD.- É importanteque expresedes a vosa preferencia –carne ou peixe-.Tamén existe a posibilidade de disfrutar dun menu vexetariano, ou de calqueraoutro tipo en especial, todo o anterior non hai máis que indicalo á hora defacer a reserva.

Nenhum comentário:

Postar um comentário