terça-feira, 20 de março de 2012

Terrorismo patronal. A CEOE quere prohibir o dereito de folga.

Rosell despreza a folga: "Un grupito non pode paralizar o país"

EFE/ Publico

Os empresarios seguen presionando ao Goberno coa mesma idea: que se merme o dereito de folga. Xa o fixeron anteriormente e agora volveron a insistir.  O presidente da CEOE, Juan Rosell, asegurou esta vez que "habería que regular o dereito de folga" para mellorar a situación legal que permita preservar os servizos públicos. Na súa opinión "un grupito" non pode paralizar un país.
Rosell, nunha entrevista concedida ás páxinas do suplemento Empresas do diario ABC, considera que non se debe permitir que unha folga poida paralizar o país, e que non se garantan os servizos esenciais".
O presidente da CEOE defende que se leve a cabo esa reforma na regulación do dereito de folga para que se preserven os servizos públicos, porque, ao seu xuízo, "non se pode permitir que un grupito poida chegar a paralizar un país, os seus aeroportos, os seus transportes..."

Os empresarios viñeron insistindo desde a convocatoria de folga e ata antes no "impacto negativo" que terá. Recentemente presentada a reforma aboral, na valoración patronal sobrela mesma, Rosell xa apunto a unha revisión do decreto 1979 que regula este dereito. O Goberno de Mariano Rajoy, co seu habitual mutismo deixou aberta a porta a esa revisión.

No caso de que se deba ou non negociar a reforma laboral como reclaman CCOO e UGT, o máximo representante dos empresarios indica que xa se negociou "todo o tempo do mundo" desde a patronal, e que nos dixemos todo o que tiñamos que dicirnos".

"Xa se negociou todo o tempo do mundo desde a patronal" No entanto, mantén a idea de "seguir negociando", aínda que opina que xa pasou o tempo no que o protagonismo tíñano os axentes sociais, e que debe de ser agora o Parlamento quen decida sobre o final da reforma laboral.

Esta reforma iniciada polo Goberno permitiu aos empresarios, segundo Rosell "perder o medo a contratar", porque ata agora "non se atrevían", xa que "non vían o futuro claro, e agora ábrese a posibilidade de si hai un erro poder dar marcha atrás". Este medo perdeuse, consideram porque diminuíron os custos por despedimento, xa que en España "eran moi altos", e pon como exemplo dos cambios o que a consideración de despedimento improcedente (45 días) vai pasar a ser unha excepción, "que é o que ten que ser".

Nenhum comentário:

Postar um comentário