segunda-feira, 19 de março de 2012

NCG-Banco promovera un novo ERE.

CIG-Banca denuncia que o preacordo de Novagalicia Banco empeora en 10 millóns de euros anuais a proposta inicial da empresa

Avantar /xornal dixital da CIG.
A dirección incrementa de 5.000 a 6.000 as suspensións, malia ter diminuído o cadro de persoal até as 6.200 persoas
Novagalicia Banco convocaba á representación sindical, o xoves 15 de marzo, segundo informa a CIG-Banca e tal e como figura en acta, para o “Inicio do período de consultas do expediente de regulación de despedimentos colectivos, modificación substancial de condicións, mobilidade xeográfica e suspensións de contratos de NCG Banco, S.A”. CIG-Banca lembra que desde o primeiro día advertiu da intención da empresa de promover un novo ERE e de que a documentación recibida até o momento era o Plan de Acompañamento Social. A convocatoria deste xoves así o constata agora.
2011 05 06 protestaNovacaixagaliciaVigo1CIG-Banca alertou, cando se coñeceu o preacordo, que este empeoraba a proposta inicial da Dirección. A propia entidade o confirmaba, o pasado 14 de marzo, nun comunicado remitido aos medios no que se indicaba que supón un aforro dos gastos de persoal de 60 millóns de euros ao ano.
O día 15 de marzo, informábase dun aforro superior, en 10 millóns de euros, grazas ao acordo asinado ás agochadas con CCOO, UGT e CSICA.
Ante isto, a CIG-Banca advertiu que con ese preacordo poderían suspender contratos a 5.000 persoas, indo ao paro 6 meses. Porén, explica, “quedámonos curtos porque na nota que se remitiu aos medios a dirección fala de até 6.000 suspensións, malia o cadro de persoal diminuír xa até as 6.200 persoas”.
A federación de banca lembra tamén que xa denunciou que o preacordo estabelecía unha saída para o persoal entre os 50 e 55 anos, que a empresa podería converter en cese voluntario sen dereito á prestación por desemprego; sen exención fiscal de indemnización; sen dereito á axuda dos 400 euros para maiores de 52; sen dereito no futuro ao Convenio especial e sen dereitos a xubilarse aos 61 anos, entre outros.
Ante isto, Novagalicia Banco respondeu que darían preferencia aos maiores de 50 no ERE en vigor, ao que a CIG-Banca replica que xa non hai prazas. “Para nós, a solución é non forzar que a xente teña que marchar da empresa”, explican.
Desde a federación asegúrase que considerar que a viabilidade dun proxecto autónomo “pasa por este preacordo, é dun voluntarismo incríbel. O que garante os postos de traballo é un proxecto viábel e solvente, algo que, polo momento, seguimos sen ver”.

Nenhum comentário:

Postar um comentário