quarta-feira, 11 de julho de 2012

Terrorismo xudicial contra sindicalistas da CIG e CC.OO.


REDACCIÓN | Actualizado 11 Xullo 2012 - El Ideal Gallego

A CIG anunciou onte que os seus servizos xurídicos preparan o recurso que presentará na Audiencia Nacional contra a sentenza que condena a 3 anos de cárcere a dous membros do sindicato nacionalista e a outro de CCOO pola folga de comercio que tivo lugar en novembro de 2009 na provincia de Pontevedra.
Nunha roda de prensa, Tránsito Fernández, de CIG-Servizos, explicou que o fallo xudicial representa “un ataque ao sindicalismo” e anunciou unha manifestación en Pontevedra o 17 de xullo en sinal de protesta pola sentenza.
“É unha sentenza desorbitada e máis propia de países en ditadura pura e dura”, manifestou Fernández.
Engadiu que o fallo xudicial considera que se produciu un “delito contra os dereitos dos traballadores” ao existir “coacción” para secundar a folga, debido á entrada dos sindicalistas nun supermercado da cadea Froiz de Pontevedra para “explicar” a movilización a traballadores que non a secundaban.

Nenhum comentário:

Postar um comentário