terça-feira, 24 de julho de 2012

Comunicado de A Coruña en Loita.



Contra o paro, despedimentos, EREs e precariedade….
LOITA POPULAR!

A nosa cidade e comarca están a ser duramente afectadas pola chamada crise económica e pola salvaxeaplicación das medidas que recortas os dereitos das traballadores e traballadores.

O que comenzou con un goteo de peches ou EREs agora tórnase un torrente de despedimentos, paro ou precariedade. As deslocalizacións das empresas tanto do téxtil, Caramelo, Mafecco ou das plataformas de tele-marketing, Atento, Sykes. O peche de centos de pequenos e medianos comercios que teñen convertido en rúas pantasmas moitas zonas da nosa cidade, do conflicto en Caamaño, do ERE de Isidro de la Cal, son fiel reflexo da nosa realidade, da dos traballadores e traballadoras de A Coruña e comarca, que en nada se asemella aos bancodelincuentes dos Méndez ou Gayoso que levaron á bancarrota ás dúas maiores caixas do territorio galego mentres encheron os seus petos, ou de empresarios que fan do saqueo en países de América latina o seu novo negocio como os irmáns Castro Valdivia de Hidralia Energia, presuntamente relacionados co asasinato dun dirixente indíxena en Guatemala.

Diante desta situación, semellante a moitos lugares do noso país e do Estado, os políticos da Xunta, mentres recortan axudas á dependencia, continúan a gastar miles de euros no faraónico Gaiás, de  Compostela, ou en encubertas axudas ás touradas, barbaro, cruel e impopular“festexo” alleo á nosa cultura, como faio goberno municipal de A Coruña.

Isto ten que rematar! Non podemos deixar que unha banda de delincuentes con garabata destrúano futuro dos nosos fillos e fillas condeadas asalarios de miseria ou a unha nova onda de emigración masiva.

Non podemos tolerar os milleiros de desempregados e desempregadas da nosa cidade e comarca. Os centos de homes e mulleres que percorren as nosas rúas sen casa, sen futuro.

É por esto que A Coruña en Loita aposta pola movilización, pola visualización dosconflictos, pola unidade e loita dos mesmos. Como a loita dos traballadores da Torre de Hercules ou a recenté manifestación conxunta das traballadoras de Mafecco e dos traballadores de Emesa Trefileria no polígono industrial de Sabón. Ou como a grande manifestación unitaria do pasado día19 de Xullo na que centos de miles de persoas da Galiza fixeron publico o seu rexeitamento ás medidas do Goberno reaccionario de Mariano Rajoy, triste monicreque en mans do FMI e dos mercados de especuladores internacionais.
Non pode haber tregua, non nolo podemos permitir. Por iso, convocamos a tódolos traballadores e traballadoras, desempregados, mozos e mozas, pensionistas e estafados pola banca a participar na manifestación convocada pola nosa coordinadora de loitas o vindeiro sábado 28 de xullo, as 20:00h con saída dende a Praza de Pontevedra.

Folga xeral, xa!

Unidade e loita!

Abaixo ogoberno reaccionario da Xunta de Feijóo e de Mariano Rajoy!

A desobediencia fronte á opresión, xustificase!


Que os gobernantes representen ao pobo e non aos mercados !



A CORUÑA EN LOITA !

Nenhum comentário:

Postar um comentário