quinta-feira, 12 de julho de 2012

Concentración onte en solidariedade coa loita dos mineiros.




Perto de medio millar de persoas concentraronse diante da Delegación do Goberno, para amosar a sua solidariedade coa loita dos mineiros do carbón e seu rexeitamento as mediadas contra o pobo do goberno reaccionario do Partido Patronal, convocadas pola A Coruña en Loita ea que sumaronse sindicatos e outros colectivos entre eles traballadores das empresas en loita na comarca como Caamaño, Emesa ou Mafecco.

Consignas:

"A Coruña enteira sintese mineira"
"A solución, banqueiros a prisión"
"Non hai pan para tanto chourizo"
"Que non, que non, que non nos representan, que non !"
"Mais educación e menos polícia"
"Folga, Folga Xeral !"

A Concentración, dunha hora, pechouse coa lectura do comunicado da coordinadora A Coruña en Loita polo compañeiro Oscar, traballador da Torre de Hercules.

Xa rematada a mesma, perto dun centenar de persoas, protestaron diante da sede local do PP cortando o trafico na plaza de Mina. Ainda que non hubo incidentes a polícia identificou a varios dos congregados e mesmo detivo a un xoven, do que na actualidade non coñecemos a sua situación.

Amosamos o noso apoio ao detido e esiximos a sua inmediata posta en liberdade, pois a liberdade de expresión é un dereito democrático basico que non pode  ser reprimido.
(As imaxes son unha cortesia da compañeira Chuss.) 








Nenhum comentário:

Postar um comentário