quinta-feira, 19 de julho de 2012

CHAMADO DE A CORUÑA EN LOITA.



Por unha folga xeral indefinida ata acaída do goberno!

Ás últimas “medidas”tomadas polo goberno reaccionario de Rajoy, monicreque da banca internacional, teñen o carácter dunha declaración de guerra total da burguesía que pretende deixar aos traballadores e traballadoras sen dereitos. Non é momento parapactos ou negociacions é preciso derrubar ao goberno e as suas medidas por medio dunha mobilización permanente dos traballadores e traballadoras,  sexan do sector publico ou das empresas privadas.

As rúas teñen que ser a mostra diaria do rexeitamento da dictadura dos mercados, dos bancos, da burguesía.

O Goberno Central, a Xunta de Feijóo,  os partidos corruptos e por suposto a monarquía borbónica, herdeira directa da dictadura xenocida do xeral Franco, son os responsables desta crise económica que agora pretenden arranxar coas “medidas fameadoras”. Mentres os banqueiros que teñen estafado a milleiros de aforradores e outros corruptos amasan grandes fortunas en paraísos fiscais os traballadores e traballadores estamos a sufrir despedimentos masivos, EREs,  paro, desafiuzamentos…

Na nosa cidade e comarca conflictos como á dos traballadores da Torre de Hercules, victimas dunha vendetta do Concello, ou as traballadoras de Mafecco, os traballadores de Emesa Trefileria o de Industrias Caamaño son exemplo desta inxusta situación.

Dende a coordinadora  A Coruña en Loita facemos un chamamento á movilización e mesmo á loita frontal contra o goberno dos banqueiros e seus cans faldeiros no Parlamento galego ou nas Cortes, os mesmos que agora pretenden cínicamente abandeirar as loitas.

Non o imos permitir!

A desobediencia frente á opresión, xustificase!

Abaixo o goberno dos empresarios e banqueiros !

Que os gobernantes representen ao pobo e non aos mercados!



A Coruña,19.07.12

A Coruña en Loita

Nenhum comentário:

Postar um comentário