terça-feira, 31 de julho de 2012

Convocan protesta antitaurina para o vindeiro 4 de Agosto



A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e Fondation Franz Weber convocan protesta antitaurina para o vindeiro 4 de Agosto, sábado, ás 19h na Praza de María Pita

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, a Fondation Franz Weber coa colaboración da Asociación Animalista Libera e CAS-International veñen de convocar unha protesta antitaurina o sábado 4 de Agosto ás 7 da tarde na praza de María Pita para amosar o rexeitamento da cidadanía ao subsidio sistemático dos festexos taurinos na Coruña por parte do concello, ademáis de denunciar a cesión gratuita de instalacións e medios de titularidade pública.

O Coliseum, a súa adaptación como "praza de tortura" e o seu uso serán servizos gratuitos para os promotores taurinos, ao igual que o traballo da Banda Municipal de Música durante as tres touradas. A aportación pública podería ascender ata os 90.000€ a través destas prebendas indirectas.

Pola contra o 21% da cidadanía está en risco de exclusión social, sen dúbida un gasto moito máis necesario e útil que adicar cartos a fomentar, impulsar e organizar a tortura animal, financiando os regalos de entradas, abonos e invitacións a grupos de presión.
Ducias de colectivos e organizacións xa se adheriron á convocatoria e colaboran coa organización da mesma, no que supón un grande tecido social que xermola contra a celebración de espectáculos violentos cos animais.

Um comentário: