terça-feira, 10 de julho de 2012

Chamamento de A Coruña en Loita en apoio a loita dos mineiros.




Á loita dos mineiros do carbón nas diversas cuncas do Estado español, representa una gran loita frontal contra as medidas anti-populares do goberno central reaccionario do PP, medidas dictadas polo FMI, UE ou Banco Mundial para facer pagar a gran crise económica aos traballadores e traballadoras.
Na Coruña e na nosa comarca os despidos EREs ou deslocalizacións castigan a milleiros de traballadores e traballadoras. MAFECCO, EMESA, CAAMAÑO e outras empresas, son exemplo disto. Mentras, millóns de euros son regalados aos bancos e usureiros.
Ninguén pode ocultar que vivimos unha loita trascendente que decidirá as condicións de vida dos traballadores e traballadores non só galegos ou do Estado español, senón tamén do resto da Europa capitalista.
Á mineiría é tamén a nosa loita, e tamén o noso futuro xógase nela.
A coordinadora de loitas A Coruña en Loita que xurdiu na loita dos traballadores e traballadoras da Torre de Hércules, co respaldo do 15M e doutras organizacións asume, hoxe, o deber de apoiar sen reservas a loita dos nosos compañeiros e compañeiras das cuncas mineiras do carbón.
Loita que esta a recibir apoio e solidariedade non só no Estado español, senón mesmo tamén dos mineiros ingleses, dos traballadores do Brasil e Malasia e doutras partes do mundo.
A Coruña en Loita ten convocado una concentración en solidariedade coa loita dos mineiros para o vindeiro mércores día 11, data na que chegan as columnas da marcha mineira á capital do Estado español, ás 20:00 hrs. diante da Delegación do Goberno, na Praza de Ourense.

A Coruña, 06.07.12

Compañeiro, compañeira, ACODE!!
Viva a loita dos mineiros e as súas familias, exemplo de compromiso e valentía!!

Nenhum comentário:

Postar um comentário