quarta-feira, 31 de outubro de 2012

Comunicado sobre a Folga Xeral Europea.

 
 
 
 
Para o 14 de novembro as organizacións sindicais maioritarias na Unión Europea, agrupadas na Confederación Europea de Sindicatos (CES), da que fan parte CCOO e UXT entre outros, veñen de convocar umha Xornada de Mobilizacións, Folgas e Manifestacións contra os recortes nos dereitos sociais e laborais da poboación traballadora, impulsados desde Bruxelas.

A Xornada consistirá desde Folgas Xerais en estados como Portugal, Grecia, Chipre, Malta ou o Estado Español, ate manifestacións, folgas parciais, etc., etc, en outros estados (Alemania, Francia, Italia, Bélxica), e significa a primeira resposta seria e unificada ao que é umha política común de todos os estados agrupados baixo a Unión Europea.

Desde que comezou a crise houbo multitude de ocasións para esta convocatoria, cando os gregos enfrontaron as políticas e chamaron, desde a Acrópoles Ateniense, a que os pobos europeos se levantaran, ate nos momentos nos que dun xeito non programado as manifestacións na rúa confluían como ha un mes, que na mesma semana alemáns, franceses, italianos, portugueses, españois, galegos, saíamos á rúa. Mesmo cando o 29 de marzo no Estado Español houbo unha folga Xeral con poucos días de diferenza con outra convocada en Portugal. En todas as ocasións a CES non chamou á solidariedade, e limitouse a facer convocatorias formais noutras datas, dirixidas aos/as delegados e liberados sindicais. Esta é a primeira convocatoria que atinxe o conxunto da clase traballadora europea.
 
É un feito que os ritmos da crise económica e social conflúen nos tempos na Unión Europea, poren, era insustentable por parte das cúpulas sindicais a súa política de illamento estatal das loitas, separando baixo as fronteiras á clase traballadora. A realidade ficou por imporse ás políticas defensivas, e agora teñen que convocar esta Xornada de Loita para o 14N.

Por outra banda, é tamén un feito que esta convocatoria, sendo xusta e necesaria, é feita desde as cúpulas, sen o menor proceso de asembleas nos centros de traballo onde se debata, non só a súa necesidade, senón a súa continuidade. Porque sería de ilusos pensar que un día de loita vai parar un proxecto estratéxico do capital, a refundación da Unión Europea sobre a base dun retroceso brutal nas condicións de traballo e vida de toda a clase traballadora europea, sen distingos nacionais.

Aínda así, o simple feito da súa convocatoria é un avance político de primeiro orde na unidade fronte aos recortes, os axustes, decididos no Ecofin, no Mede, desde Bruxelas, e aplicados por todos os gobernos estatais e nacionais, teñan a cor que teñan.
Sabemos que para poder aplicar as medidas de axustes, o réxime, a través do goberno de turno, non so esta aplicando dunha maneira restritiva as actuais leis, senón que prepara futuros choques sociais endurecendo as leis penais. Para elo a reforma do Código Penal non responde tanto á gravidade dos enfrontamentos actuais, senón á previsión que fan que a crise vai trastocar as relacións sociais construidas baixo o Estado do Benestar, abrindo unha greta social entre ricos e pobres. Da mesma maneira que no laboral e social asistimos a un retroceso de 70 anos.

Márcase o camiño da loita con garantías, a unidade da clase traballadora europea que arrastre tras de si ao conxunto da poboación traballadora.

Coruña en Loita apoia con todo esta convocatoria, mais opina, primeiro que non pode cinguirse a un día de loita, senón que ten que ter umha continuidade ate derrotar os plans da Unión Europea.

Segundo, é preciso un plan de continuidade discutido e aprobado nas asembleas dos centros de traballo de toda Europa.

Terceiro, a coordinación das loitas non poden ficar nas mans das cúpulas actuais das CES, que levan ducias de anos demostrando que son uns servidores da Europa do Capital, senón que as correntes sindicais combativas teñen que avanzar na súa coordinación europea, que garanta ese plan.

A unidade da clase obreira máis numerosa e organizada do mundo pode supor un cambio na correlación de forzas na loita internacional que desde os EE UU ate China, desde o mundo árabe ate América Latina, veñen desenvolvendo os pobos contra o capitalismo e a súa depredación da sociedade e a natureza.

No camiño da Folga Xeral Indefinida ata tumbalos !


A Coruña, 30.10.12

A Coruña en Loita.

Nenhum comentário:

Postar um comentário