sábado, 6 de outubro de 2012

Folga xeral no ensino o vindeiro 11 de octubro.






Como xa anunciaramos, o vindeiro día 11 de outubro celebrarase o día internacional de loita estudantil que impulsamos organizacións estudantís e xuvenís de todo o Estado Español. Contra a precarización e a mercantilización do ensino, contra os recortes, sóbrannos motivos: Endurecemeento das probas de acceso á universidade: Cant@s menos alumn@s pasen esta barreira, máis elitista será a universidade. Suba das taxas nas Universidades: Xa non abondará con estar capacitado, senón que haberá que ser podente para ir á universidade. Universidade de clases. Prezos desorbitados dos mestrados: Se cos graos diciamos que se alongaba o Bacharelato, agora obrígannos a facer un mestrado para especializarnos, pero quen pode afrontar os gastos? Menos bolsas para doctorados: Estase a pechar a porta á investigación cada vez máis. Ou investigas para o mercado ou non hai bolsa. Reformas na organización das estruturas na universidade: Coa estratexia Universidade 2015 daranlle o poder dos organismos como o Consello Social a altos cargos de empresas. Esta é unha práctica antidemocrática. Como poden ter máis poder os axentes externos que o estudantado, que somos un suxeito activo da educación? Nova Lei de Infraccións e Sancións para a universidade: Queren impulsar unha universidade represiva contra as futuras loitas estudiantís. Pensarán que se lles pode ir das mans? Financiamento externo da universidade pública: Se o financiamento vén das empresas que teñen intereses propios, seremos libres para estudar e investigar o que coidemos conveniente? Devaluación das carreras universitarias: Como futur@s traballadores, estannos a obrigar a ser flexíbeis. Con isto, queren conseguir traballadores precari@s que teñan unha capacidade rápida de moldearse ao mercado. Incentivar as FPs: Do mesma xeito, as FPs son a peza chave para o mercado xa que non son títulos tan altos como os universitarios e poden ser flexíbeis, xa que están en mans do mercado. Practicas en empresas: Están incentivando prácticas nas empresas para que estas conten con traballadores temporais non remunerad@s para facer cousas que non teñen nada que ver co que estudamos. Adiantamento da idade para entrar en Fps e Bacharelato: Canto antes se clasifique o estudantado, máis rápido se poderá metelos no mercado. Supresión de profesores substitutos: O estudantado queda sen profesor, o que fará que o seguimento sexa moito menor. Máis alumnado por aula: Se con 25 alumn@s o fracaso escolar era alto, con 40 alumn@s por aula, cal sera a cifra? Haberá metodoloxías participativas ou clases maxistrais? Menos orzamentos en Educación: Non haberá materiais, libros, edificios… non teremos condicións dignas! Menos financiamento para as linguas minoritarias: Buscan afogar as linguas minoritarias de xeito económico. Prefiren eliminar a lingua dunha nación antes que o inglés, empregando como escusa a «falta de orzamentos». De educación para a cidadanía a estudar a constitución: Como o estado español é un invento, a única maneira de facernos entender que isto é España é meténdonos a constitución con calzador. Intención de centralizar a Educación: Non queren que a educación estea en mans dos pobos e do pobo, senón que estea centralizado no goberno e controlado polas empresas. @s estudantes sairemos á rúa!

#11×12 Xornada Internacional de loita estudantil!

Horário das mobilizaçons
Compostela: às 12 horas no Toral.
Corunha: às 12 horas na rotunda do campus de Elvinha.
Vigo: às 12 horas na Praça dos Cavalos.
Ponte Vedra: às 12 horas diante da Faculdade de Ciências Sociais e da Comunicaçom.
Ourense: às 12 horas diante da Conselharia de Educaçom.
Lugo: às 12:30 horas diante do prédio de Intercentros.

Nenhum comentário:

Postar um comentário