quarta-feira, 17 de outubro de 2012

Apoiar a loita estudantil ! Por un ensino publico de calidade e gratuito !



Dende A Coruña en Loita queremos amosar o noso total respaldo á folga estudantil e ás protestas contra os recortes no ensino, que poñen en perigo o sistema público de educación.
O ensino, público, de calidade e gratuíto é unha reivindicación histórica dos traballadores e traballadoras que garante o futuro dos nosos fillos e fillas e non pode ser obxectode ningún recorte nin privatizacións.
As medidas reaccionarias do goberno de Rajoy e seu ministro franquista de educación, teñen que ter un amplo rexeitamento na sociedade, na nosa comarca, na nosa cidade. Hai que poñer fin ao goberno de Feijóo e de Rajoy, no camiño doutra sociedade pensada por e para o pobo e non para unha casta privilexiada e corrupta insensible á dor e ao sufrimento de millónsde traballadores e traballadoras sen desemprego, dos desafiuzadosdas súas vivendas, dos estafados polos banco-delincuentes....

Sumámonos, pois, ás reivindicacións dos estudantes e das súas  nais e pais, e facemos un enérxicochamado a participación nestas xornadas de loita polo ensino público e entre todos e todas, a poñer fin á este réxime anti-democrático e anti-popular.

Viva a loita estudantil !

Por un ensino público, gratuíto e de calidade !
A Coruña, outubro do 2012.

A Coruña en Loita

Nenhum comentário:

Postar um comentário