sábado, 6 de outubro de 2012

FERROL: Brutalidade policial contra os traballadores.

Imaxe da saida do xusgado de Ferrol do portavoz comarcal da CIG compañeiro Lopez Pintos onde declarou que foi sometido a insultos, amedrentamento e torturas na comisaria da Policia Nacional.
O compañeiro Lopez Pintos foi detido onte no transcurso dunha protesta dos traballadores do naval diante do cêntrico Hotel Almirante, no que celebrabase a inicio da campaña eleitoral do PP.
Amosamos dende este espacio de información a nosa solidaredade e apoio có compañeiro e nosa taxante denuncia da brutalidade policial.
Permaneceremos atentos as posibles convocatorias de repudio desta covarde acción policial.

Um comentário:

  1. a comisaría da policía nazional en ferrol é un exemplo de todo o que non debe ser un lugar que se supón está ao servizo dos cidadáns... e iso dende vai décadas e seguen nas mesmas

    ResponderExcluir