segunda-feira, 15 de outubro de 2012

Alianza Social Galega novo frente no camiño da unidade !





PRAZA PUBLICA. Este xoves celebrouse a primeira reunión de traballo da Alianza Social Galega, na que participaron as organizacións sindicais e sociais máis representativas, unhas 60 en total, críticas coa actual situación de crise que está a padecer a cidadanía galega, e coas políticas de recortes sociais e de dereitos que o goberno da Xunta está a aplicar. A Alianza Social Galega configúrase como "espazo plural e sectorial para a mobilización contra as políticas de recorte" e pretende xerar "o maior espazo de unidade e mobilización fronte aos recortes sociais e en dereitos, e na formulación de alternativas sociais fronte á crise". O vindeiro xoves 18 de outubro haberá unha segunda xuntanza deste grupo e nela presentarase publicamente o seu manifesto fundacional e as súas principais propostas. Esta Alianza Social segue un modelo semellante ao que leva funcionando un tempo noutros territorios do Estado baixo a fórmula dos Cumios Sociais, que buscan a converxencia entre sindicatos e outro tipo de movementos sociais
O vindeiro xoves 18 de outubro haberá unha segunda xuntanza deste grupo e nela presentarase publicamente o seu manifesto fundacional e as súas principais propostas
O acordo comezou a forxarse no pasado mes de xullo ao abeiro das masivas manifestacións unitarias do dia 19 nas que participaron máis de 300 mil galegos e galegas. Ao longo de agosto o proceso quedou freado pero retomouse en setembro. E esta coincidencia de obxectivos e conciencia da necesidade de converxencia chegou até a xuntanza deste xoves, na que o groso das máis de 60 organizacións que participaron amosaron a súa disposición a conformar este espazo de debate e acción.
Forman parte desta Alianza os tres principais sindicatos: CC.OO, CIG e UGT, que lanzaron a convocatoria en xullo, ademais doutras organizacións sindicais máis minoritarias ou sectoriais. Ademais, están representadas ONGs, entidades culturais, de pais e nais, de autónomos, de veciños, de estudantes e de afectados por distintas causas. Algunhas delas aínda non aprobaron definitivamente a súa participación e farano nos vindeiros días, antes da xuntanza do 18.
O seu obxectivo "non é unicamente protestar" senón amosar que existen "alternativas á crise, ás actuais políticas e ao actual modelo"
Algúns dos participantes na reunión amosan a súa satisfacción pola "coincidencia" e o "entusiasmo" amosado polas organizacións que formarán parte desta Alianza e salientan que o seu obxectivo "non é unicamente protestar" senón amosar que existen "alternativas á crise, ás actuais políticas e ao actual modelo". De igual xeito, recoñecen que "non é casual" que esta Alianza se presente a poucos dias das eleccións: "hai moitas formas de loitar contra as actuais politicas antisociais", din, e engaden que queren amosar con claridade a súa posición na campaña electoral.
Na xuntanza de hoxe, na que xa se comezou a discutir o borrador do manifesto que se presentará a semana que vén, púxose sobre a mesa a posibilidade de convocar unha folga xeral no mes de novembro. A idea acadou un amplo consenso entre a meirande parte dos participantes, tanto entre os sindicatos coma entre outros colectivos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário