quinta-feira, 1 de novembro de 2012

CGT-Galiza non se adhire á Alianza Social Galega.




Diario Liberdade CGT - de Galiza adoptou o acordo, na súa última Plenaria, de non adherir á Alianza Social Galega, constituida a semana pasada por varios sindicatos e organizacións. Os motivos da CGT para tomar esta resolución son, fundamentalmente e entre outros, os seguintes:
  • a) O manifesto é unha declaración con moitas incongruencias e que dá cabida a todo tipo de reivindicacións, co único sentido de incluir as teimas de cada grupo, sen facer un discurso coherente.
  • b) O manifesto afirma que os problemas de Galiza parten da falta de competencias do Parlamento galego e do ataque ao idioma por parte do goberno central, afirmación non só discutible e simplista, senón que reduce as expectativas de loita ao ámbito político, deixando á poboación como simple comparsa nas mobilizacións que se poden facer desde a Alianza.
  • c) Elévase á categoría de principais forzas galegas aos autónomos, para os que se chega a pedir axudas individuais e para as súas organizacións, sen ningún tipo de discriminación e sen ter en conta que moitos deles son simples empresarios e explotadores do seu persoal.

Nenhum comentário:

Postar um comentário