quinta-feira, 21 de junho de 2012

Un artigo da Opinion de A Coruña.

O novo Kirs, en mans dos Cobián

A sociedade que xestiona ó café Central  creóuse con tres ordenadores e duas impresoras

El café Central en la Marina, con la terraza hasta el fondo de la travesía y ante la Subdelegación. / l.o.
 




MARTA VILLAR| A CORUÑA Tocaloco, SL é unha sociedade que comezou a operar en decembro de 2011, un mes despois de que o exconcejal e exdiputado autonómico do Partido Popular Pablo Cobián declarase ante a xuíz Ronsel San José por, supuestamente, intermediar para conseguir subvencións da Xunta para Jorge Dorribo, no que se denomina como operación Campión. A presidenta desta sociedade é a esposa de Pablo Cobián; un conselleiro é un dos seus curmáns, que tamén declarou por cáusa Campión por mor dunhas facturas; o avogado que defende ao exedil oleirense contra as acusacións de Dorribo, Ulises Bértolo, é o secretario; e o último membro é un empresario coruñés, Quique Pereira. Esta empresa inaugurou o pasado 4 de xuño o café Central, o antigo Kirs, con portas á rúa Real e a avenida da Mariña.


A sociedade Tocaloco, SL, segundo certificación do Rexistro Mercantil do pasado 7 de xuño, montouse con 3.000 euros aportados polos dous socios fundadores: Juan Carlos Cobián Macedo puxo un ordenador portátil HP Pavillion valorado en 1.100 euros e unha impresora OKI de 400 euros; e Enrique Manuel Pereira Pena aportou un ordenador portátil Toshiba Satellite de 600 euros, outro Toshiba de distinto modelo pero tamén de 600 euros e unha impresora HP Deskjet de 300 euros. Total, 3.000 euros.


Enrique Pereira é o membro da sociedade que realiza declaracións nos medios como responsable ou gerente do café Central, local que ocupa o espazo do mítico Kirs, pechado fai un ano tras un desahucio: o propietario quería actualizar o prezo do aluguer, cunha renda antiga de 3.000 euros.

Tocaloco SL comezou a operar en decembro de 2011 co obxecto social de "explotación de negocios de hostelería" e domicilio no mesmo café, o número 55 baixo da rúa Real. Tras montarse a sociedade con tres ordenadores portálites e dous impresoras, dous meses despois celebrouse unha xunta universal na que Juan Carlos Cobián e Enrique Pereira pasaron de administradores mancomunados a conselleiros, como establece a lexislación. Ese mesmo día, o 8 de febreiro deste ano, no seu consello de administración, a entidade acordou designar presidenta de Tocaloco a Paula González do Val, esposa do dimitido deputado e edil Pablo Cobián.

Nesta reunión o consello tamén puxo a Juan Carlos Cobián e a Enrique Pereira como vocales e ao avogado de Pablo Cobián no caso Campión, Ulises Bértolo, como "secretario non conselleiro".

O consello de administración de Tocaloco acordou ademais conferir poder a Enrique Pereira, Juan Carlos Cobián e Paula González para comprar e vender bens, tomar parte en concursos e poxas, avalar e protestar letras de cambio ata un máximo de 20.000 euros, abrir contas ou subscribir préstamos polo mesmo importe, outorgar contratos de traspasos, dirixir a organización comercial da sociedade "nomeando e separando empregados e representantes", asinar toda clase de documentos públicos ademais de poder "retirar e cobrar toda clase de cantidades e fondos do Estado, Comunidades Autónomas, provincia, municipio, Facenda" e outras.


O café Central, un baixo de algo máis de 200 metros cadrados, conta con dous ambientes no seu interior: un propiamente de café, para almorzar; e outro de horario máis tardío, con cervexa de bodega. Desde a súa apertura conta con moita clientela, que tamén ocupa a súa cada vez máis extensa terraza (na Mariña, a rúa Real, o calello e ata diante da Subdelegación do Goberno), na que non é infrecuente ver ao exdiputado do PP Pablo Cobián.


A propietaria do edificio onde se sitúa este café é a familia Obanza, que llo comprou a Marcial de Adaíl en 1884. O primeiro negocio aberto aí foi a farmacia Europa. Despois veu unha mercería, daquela un café concerto, unha camisería e, fai trinta anos, o Kirs.

Um comentário:

  1. mira que se fixo en pouco tempo ise negocio e se puxo a "funcionar"

    eu quero facer negocios así, teño impresoras e ordenadores portátiles... ¿e con iso poñen cafés e cervexas de adega?

    ResponderExcluir