sábado, 23 de junho de 2012

Arteixo: Pecha Emesa é deixan na rúa a mais de 70 traballadores



O comité de empresa de Emesa Trefilería anunciou onte as intencións do grupo portugués Previdente de pechar de forma definitiva a fábrica que está instalada no polígono de Sabón, en Arteixo (A Coruña), dedicada á fabricación de aceiro: «Hoxe [por onte] comunicáronnos de forma oficial que van pechar a fábrica cos 71 traballadores», explicou o presidente do comité de empresa, José Manuel Graña, que se concentrou onte co resto de empregados nas instalacións tras coñecer a noticia, informa La Voz de Galicia.

Graña tamén aclarou que: «A semana pasada presentamos unha denuncia ante Inspección de Traballo pedindo os datos económicos da empresa, pero agora xa non ten sentido», lamentouse o presidente do comité. Tamén indicou que os datos facilitados pola firma portuguesa reflicten que todo o grupo acumulou perdas desde o 2009 ata o 2011 de 45 millóns de euros, e que as que se corresponden con Emesa alcanzan os 1,6 millóns: «Teñen unha trefilería en Portugal, outra en Vitoria e dúas en Italia e non nos poden dicir que pechan a empresa que menos perdas dá», dixo. Tamén indicou que a decisión de Previdente débese «a unha deslocalización para potenciar a fábrica de Oporto»:
O presidente do comité tamén explicou que agora se inicia o período de negociacións: «Temos unha reunión o venres e o que imos intentar é que vendan a empresa. Si non hai acordo nun mes, acábase todo. Tamén deben presentar un plan de recolocaciones e igual recolocan a alguén, pero aínda non se sabe nada», dixo.
Doutra banda, o gerente da empresa evitou onte facer declaracións.

Nenhum comentário:

Postar um comentário