sexta-feira, 1 de junho de 2012

MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA A ESTAFA BANCARIA.


As diversas plataformas na Galiza de afectados pola estafa das "preferentes" de NCG e mais ADICAE teñen convocado unha manifestación para este vindeiro sabado dia 2 de Xuño.
O percorrido previsto é dende a Delegación do desGoberno ata a casa do "novo"banqueiro Castellanos, actual director de NCG, na cidade vella, na plaza de Azcarraga.

A estafa legalizada dos bancos non ten freo, mentras que pequenos aforradores ven seus cartos, no millor dos casos, nun "corralito" o goberno reaccionario do PP adican millonarias cifras para "rescatar"bancos presididos por notorios pro-homes do FMI, como é o caso de Rodrigo de Rato y Figaredo.

Diante desta situación só unha loita sostida, no tempo, pode facer que estes delicuentes de "louvas brancas" podan ser levados diante da xustiza, como xa ten ocurrido en Islandia.
Loita que ten que converxer coa dos demais sectores de traballadores que fan frente aos despidos, o paro ou os recortes. Na perspectiva dunha Folga Xeral Indefinida (FXI) ata a caida do goberno dos banqueiros e sua "democracia borbonica", abrindo paso a un novo proceso político e social.

Na Coruña a Plataforma de afectados polas preferentes concentranse todolos xoves as 11:30 h no Cantón Grande. Amosamos publicamente o noso apoio e facemos un chamamento a participación nestas concentracións, dun xeito respetuoso coa sua loita e facendo parte solidaria da mesma.

A CORUÑA EN LOITA

TODOS E TODAS A MANIFESTACIÓN !

Nenhum comentário:

Postar um comentário