terça-feira, 19 de junho de 2012

Exitosa concentración de repúdio !

Perto de medio centenar de persoas acudiron a concentración convocada para amosar o rexeitamento do asasinato do lider comunitario de Barillas Andres Francisco Miguel por sicarios vencellados a empresa Hidro Santa Cruz, subsidiaria da empresa Hidralia Energia.

A empresa, xerenciada por David Castro Valdivia e seu irman Luis. ten súa sede na Coruña, no numero 10 da Avda. do Exercito. Diante do portal da mesma fixose a protesta por espazo de 40 minutos.

A un coche da polícia municipal, sumaronse mediada a concentración dos furgons de anti-disturbios da polícia nacional, un axente da mesma, trató de identificar aos organizadores e mesmo pidio o DNI a unha compañeira que atopabase nese momento na faixa. A concelleira da Coruña polo BNG "Mitas" Valencia e outros asistentes ofreceron seu DNI, mais non tomaron nota deles.

A presencia policial, indica que fontes da empresa o cercanas a mesma avisaron da concentración como dun acto violento cando en todo momento fixose un exercicio de civismo concretado na denuncia duns feitos que coidamos a empresa Hidralia ten o deber de aclarar.

Consinas:
As mais berradas foron; Solidariedade có pobo de Barillas ! Os capitalistas son os terroristas !

Imaxens, pronto teremos mais e millores.






nova imaxe da concentracion no reporte de Praza Pública.

Nota:
Onte a empresa retirou a sua placa do portal. Estaba situada sobre a de USO.
Por qué?

Nenhum comentário:

Postar um comentário