sábado, 2 de junho de 2012

I FORO SOBRE A DÉBEDA




Estimadas/os compañeiras/os:

A REDE DE BARRIOS E VILAS DA CORUÑA vos invita ó
I FORO SOBRE A DÉBEDA
que terá lugar nas Torres de Santa Cruz (Oleiros - A Coruña)

 
o vindeiro 9 de Xuño ás 10:30.

A idea deste Foro é a creación dun ambiente de debate que permita sumar visións sobre o problema da débeda e do déficit do Estado, e co tempo propoñer unha solución diferente da que as administracións está a asumir coma única vía posible.
Programa:
- Por qué o Estado contraeu esa débeda (Xabier Vence, Bernardo Valdés).
            
- Xantar Popular.
 
- Cómo afecta esta débeda a sectores clave na sociedade como sanidade, educación (con membros de SOS SANIDADE, colectivos do ensino público,...) e servicios sociais en xeral, con especial atención á perspectiva de xénero. Consideramos fundamental a vosa visión neste punto.
- Debate aberto sobre as alternativas que ten a sociedade ante esta
situación, debate no cal tamén vos animamos especialmente a participar. A débeda
do Estado pode ser considerada "débeda odiosa"?

Un saúdo.
15M - Rede de Barrios e Vilas da Coruña

Nenhum comentário:

Postar um comentário