sexta-feira, 8 de junho de 2012

Nova concentración dos afectados pola estafa bancaria.




Este xoves, as 11:30, como todo-los xoves, tivo lugar unha nova concentración dos afectados pola estafa bancaria das preferentes da Caixa Galicia-NCG.  Unha treintena de personas afectadas, membros de ADICAE, 15M e A Coruña en Loita concentaronse diante da sucursal que a entidade ten no Cantón Grande, diante do Obelisco, impedindo o acceso a mesma por perto de media hora.
As consignas mais berradas foron; Ladrooos ! ou  Mendez, cabrón traballa de peón !
Asi mesmo tiveron unha serie de intervencions de compañeiras e compañeiros, un deles, o compañeiro Martín, pola Coruña en Loita que fixo unha chamada a manter no tempo a loita e denuncio a perdida de dereitos para pensionistas, traballadores e parados mentras enchen de cartos aos bancos e caixas. Rematou a su intervención manifestando o apoio de A Coruña en Loita aos afectados, a sua intervención foi moi aplaudida.
A nosa coordinadora de loitas ten como obxetivo servir de plataforma de encontro para toda-las loitas que na nosa cidade e comarca fan frente as agresión dos gobernos da Banca e do Capital.

COMPAÑERIAS E COMPAÑEIROS, UNIDADE !

Nenhum comentário:

Postar um comentário