sábado, 29 de setembro de 2012
quinta-feira, 27 de setembro de 2012
Diante da represión polícial do goberno reaccionario do PP.
COMUNICADO
Os homes e mulleres, traballadores e traballadoras, que facemos parte da coordinadora de loitas A Coruña en Loita queremos amosar a nosa enérxica condea da brutal acción policial no dia 25 de setembro na capital do Estado español.
Á violenta represión policial, con preto de 70 feridos e unha trintena de detencións e mesmo a criminalización da protesta, non puido evitar que milleiros de cidadáns amosaran o seu rexeitamento do réxime burgués e as súas medidas fameadoras. Non só isto, foi unha clara demostración política ao redor dun programa republicano e anti-capitalista, inédito en convocatorias anteriores.
Na Galiza, unha manifestación de preto dun millar de persoas percorreu diversas rúas de Compostela sumando forzas contra o réxime corrupto e opresor.
Dende A Coruña en Loita facemos un chamado a manter as mobilizacións, esixindo a inmediata posta en liberdade dos detidos e o fin dunha odiosa dictadura que chaman democracia e non o é.
Os homes e mulleres, traballadores e traballadoras, que facemos parte da coordinadora de loitas A Coruña en Loita queremos amosar a nosa enérxica condea da brutal acción policial no dia 25 de setembro na capital do Estado español.
Á violenta represión policial, con preto de 70 feridos e unha trintena de detencións e mesmo a criminalización da protesta, non puido evitar que milleiros de cidadáns amosaran o seu rexeitamento do réxime burgués e as súas medidas fameadoras. Non só isto, foi unha clara demostración política ao redor dun programa republicano e anti-capitalista, inédito en convocatorias anteriores.
Na Galiza, unha manifestación de preto dun millar de persoas percorreu diversas rúas de Compostela sumando forzas contra o réxime corrupto e opresor.
Dende A Coruña en Loita facemos un chamado a manter as mobilizacións, esixindo a inmediata posta en liberdade dos detidos e o fin dunha odiosa dictadura que chaman democracia e non o é.
A Coruña, 26.09.12
A Coruña en Loita.
quarta-feira, 26 de setembro de 2012
segunda-feira, 24 de setembro de 2012
Todos e todas a Compostela ó 25 de setembro.
O 25-S OCUPA A PRESIDENCIA, OCUPA O PARLAMENTO.
Estamos fartos de vivir nun sistema coaccionado polos
mercados que nos levou a ser vítimas dunha estafa a grande escala á que chamaron
crise. Consideramos que a situación traspasou todos os límites tolerables e que
coa complicidade de todas as forzas políticas representadas nos parlamentos do
Estado están a destruír os medios de vida das clases populares para manter os
privilexios e fortunas dos máis ricos.
Cremos que o problema é de tal magnitude e as súas raíces tan fondas que a solución non pasa por efectuar reformas baseadas nos mecanismos do sistema político actual.
Por todo o exposto convocamos á cidadanía o día 25 de Setembro de 2012 a manifestarse de forma indefinida. A partires das 19:30 iniciaremos unha marcha desde a Praza Roxa polas principais institucións do poder en Compostela: o Parlamento de Galiza e a Presidencia da Xunta. O noso obxectivo é conseguir a dimisión do Goberno para que a través da unión de todas as loitas consigamos unha Sociedade máis xusta.
Saída da manifestación o 25 de setembro ás 19:30 desde a
Praza Roxa: traede cacerolas, instrumentos, etc.
sexta-feira, 21 de setembro de 2012
MAÑAN SABADO MANIFESTACIÓN DOS AFECTADOS POLA ESTAFA DAS PREFERENTES EN COMPOSTELA.
No marco das movilizacions deste colectivo a nivel galego mañan sabado 22 na Alameda de Compostela saira unha manifestación as 11:30 h.
Dende a Coruña sairan autobuses as 10:00 h dende a praza de Ourense.
ACUDE !
sábado, 15 de setembro de 2012
Denunciados na Coruña por un bloqueo á sede do PP que "non se produciu"
Redacción | @prazapublica
Ás oito da tarde pasado 11 de xullo celebrouse nas inmediacións da Delegación do Goberno en Galicia, na Coruña, unha concentración contra a política de recortes do Executivo que preside Mariano Rajoy e en solidariedade coa marcha dos mineiros asturianos e leoneses sobre Madrid. Arredor dunha hora máis tarde, a maior parte das persoas participantes no acto continuaron a protesta diante da sede do PP na cidade, situada nas inmediacións do edificio oficial. De xeito pacífico, primeiro na beirarrúa e durante uns instantes na calzada, amosaron o seu rexeitamento aos plans gobernamentais. Mentres isto acontecía, un nutrido cordón policial controlaba a concentración, os transeúntes seguían o seu camiño por diante da sede dos populares e o breve corte de tráfico suspendeuse no momento en que os axentes así o indicaron.
A concentración non tivo máis consecuencias ata algo máis dun mes despois. Nos últimos días de agosto, en torno a unha decena das persoas participantes recibiron nas súas casas a notificación de que tiñan aberto un expediente sancionador. Segundo consta nunha das alegacións presentadas á denuncia, a cuxo contido tivo acceso este diario, a "declaración policial" é a "única proba" para imputarlles ás persoas afectadas o "bloqueo da entrada á sede do PP, impedindo a saída das autoridades que se atopaban reunidas no interior da sede", así como o "corte dos carrís destinados á circulación dos vehículos" e "negarse ante a orde dos axentes da autoridade de cesar na actividade do corte do tráfico". "Estes feitos cualifícanse como infracción grave" da Lei de Protección da Seguridade Cidadá, o que implica multas que oscilan entre os 300 e os 30.000 euros.
Ao ser a versión policial a única proba esgrimida para iniciar o procedemento sancionador, esa declaración é tamén o argumento empregado para adxudicarlles ás persoas denunciadas un bloqueo da sede do PP que, segundo manifestan fontes presenciais, "non se produciu en ningún momento".
Ademais, acrecenta a devandita alegación, as identificacións "dalgunhas persoas presentes" prodúcense "en torno ás 22:30", cando "o abandono da sede do PP por parte das persoas presentes nela se produciu contra as 21:00". "A reunión cidadá continuou moi alén desa hora, entre outros motivos porque a presenza desas persoas na sede non era en absoluto o obxectivo da xuntanza", explica o documento", no que ademais se fai constar a existencia de "probas videográficas" en forma de gravación realizada polos "xornalistas presentes" na zona.
Ademais das imprecisións e "erros" da versión policial, a alegación consultada explica tamén que "o desenvolvemento da reunión se axustou en todo momento á operatividade do principio de tolerancia administrativa". Así, explica, "o corte de tráfico desenvolveuse baixo a custodia das forzas policiais" e "no momento en que estas indicaron a necesidade de concluílo, así se fixo sen incidente ningún". Foi precisamente a aplicación desa "tolerancia administrativa" a que deu lugar a que transcorrese "un prazo de tempo moi significativo entre o momento dos feitos e o das identificacións, o que explica os datos erróneos contidos na denuncia". "Tamén é de sinalar que a meirande parte dos axentes presentes non portaban a placa co número de identificación persoal" malia ser esta obrigatoria, sinala tamén a alegación.
Así as cousas, as persoas denunciadas explican que a quen se identificou "non eran as persoas que cortaron o tráfico, senon as únicas que quedaban no lugar", polo que a propia identificación é un "mero exercicio de arbitrariedade administrativa". "Non existe", polo tanto, din, "no comportamento" das persoas denunciadas "a infracción que se imputa", polo que, conclúe, cómpre que a denuncia sexa "arquivada" con "exoneración da sanción proposta".
Na mesma semana, coincidindo coa aprobación do paquete de recortes por parte do Goberno español, realizáronse outras concentracións na cidade polas que tamén están a ser enviadas notificacións de apertura de expedientes. Dase o caso de que algunhas das persoas notificadas afirman non ter participado nos actos e mesmo estar ausentes da cidade nas datas respectivas.

O presente manifesto nos foi enviado pola Asemblea Aberta de Traballador@s de Compostela
Manifesto
Nós, pessoas fartas de sofrer as consequências de viver num sistema condicionado e coaccionado pelos mercados, que é evidentemente insostivel, e que nos levou a ser vítimas de umha estafa a grande escala à que chamaram crise, unimos-nos para redigir este manifesto e invitamos toda a cidadania a unir às reivindicaçons que reclamamos nele.
Consideramos que a situaçom traspassou todos os limites toleráveis e que somos vítimas de um ataque sem precedentes por parte do poder económico que, utilizando a crise como pretexto, está a arruinar as nossas vidas, e cujos responsáveis som os que se configuraram como umha oligarquía intocaábel, com a cumplicidade de todas as forças políticas representadas nos parlamentos, manipulando os poderes do Estado para manter os seus privilégios e enriquecimento desmedido e ilícito.
Já não há modo de ocultar que vivemos umha gigantesca fraude social, com governos que sistematicamente nos traem fazendo exactamente o contrário aos seus compromissos eleitorais, e que a justiça nom actua contra os banqueiros, políticos e empresários responsáveis de a situaçom. Só vemos como esta estrutura de poder viciada e inmoral implanta políticas que remata com os nossos direitos e destrói as nossas vidas e como somos vítimas de umha repressom inxustificábel quando demandamos umha mudança na situaçom.
Achamos que o problema é de tal magnitude e as suas raízes tam fundas que a soluçom nom passa por efectuar reformas baseadas nos mecanismos do sistema político actual e em consequência exigimos:
- A demissom dos governos em pleno, assim como a dissoluçom das Cortes e da Xefatura do Estado, por trair ao país e ao conjunto da cidadania de forma premeditada levando ao desastre.
- A abertura de um processo constituí-te transparente e democrático com o fim de redigir uma nova Constituiçom, contando com a participaçom de toda a cidadania de maneira que lhe seja própria, pois nom reconhecemos carácter democrático nenhum ao actual texto constitucional, redigido por uma camarilha às costas do povo, e que consagrou a dominaçom dos herdeiros do franquismo e quem pactuou com eles. Haver de ser o povo quem determine o modelo de organização social no que quer viver, e nom ao contrário.
- A auditoría da dívida pública do Estado espanhol, com moratoria do pagamento da mesma até ter delimitado claramente as partidas que nom ham de ser pagas pela naçom, pois serviram a interesses privados que utilizaram ao país para os seus próprios fins e não aos do conjunto da cidadania espanhola. Igualmente, exigimos o processamento de todas aquelas pessoas que se demonstrem responsáveis por tais manobras, e que respondam com os seus bens em caso de resultar condenadas.
- A reforma da lei eleitoral com o desenho de um novo procedimento eleitoral, com o fim de que represente verdadeiramente a vontade do povo ante qualquer eleição que seja necessária para facilitar o desenvolvimento de um processo constituí-te democrático.
- A derogaçom imediata de todos os recortes e reformas em contra do estado de bem-estar tomadas com a excusa da crise, e que supõem restriçons de direitos e liberdades da cidadania, pois nom só som um desastre para o país, senom que foram impostas traiçoando a vontade do povo.
- Uma funda reforma fiscal que faça pagar mais aos que mais têm. Igualmente, exigimos a derogaçom da amnistia fiscal decretada pelo governo.
- A supressom de todos os privilégios das pessoas que ostenten cargos políticos ou públicos e a implantaçom de mecanismos eficazes de controlo no desempenho das suas funçons.
- A paralisaçom imediata de todos os desafiuzamentos e a posta a disposiçom da populaçom a preço de aluguer social de as vivendas em propriedade das entidades bancárias.
- A criaçom de novos empregos e o estabelecimento da Renda Básica da Cidadania. A retribuiçom garante o direito inalienável de todas as pessoas a serem usufructuarias de uma parte das riquezas produzidas pela comunidade.
Por todo o exposto convocamos a a cidadania o dia 25 de Setembro de 2012 a manifestar-se de forma indefinida nas portas do Parlamento da Galiza ou de outras Administraçons até conseguir a demissom dos Governos e a abertura de processos constituíntes, fazendo destes o apelo de uniom de todas as lutas por mais Uma Sociedade justa.
sexta-feira, 14 de setembro de 2012
15 S Gran movilización estatal en Madrid.-
Máis de 10.000 galegos únense á marcha "histórica" do 15S en Madrid
Redacción | @prazapublica
Madrid acolle este sábado unha protesta contra os recortes levados a cabo polo Goberno de Mariano Rajoy que se prevé "histórica" e na que participarán máis de 10.000 galegos, segundo aseguran CCOO e UGT de Galicia. Milleiros de cidadáns do país teñen confirmada xa a súa presenza na capital do Estado, á que se desprazarán nos autobuses organizados por Comisións, UGT, USO, CSIF e USTG, e na que se agarda unha resposta masiva contra as políticas do Executivo do PP. Organizada polas centrais maioritarias, a marcha do 15S contará tamén co apoio de numerosos colectivos sociais e políticos, incluído o 15M, que decidiu adherirse, aínda que como "Bloque Crítico" e apostando claramente por "unha mensaxe distinta" que aposta "pola folga xeral".
Será unha marcha de "transcendencia histórica", segundo os secretarios xerais de CCOO e UGT, e na que se berrará alto e claro "contra as políticas de recortes do Goberno do PP, tanto no eido económico como no social, que están ocasionando unha fractura social sen precedentes en España". "Non existe ningún colectivo, nin ámbito da actividade social e cultural, que se libre das consecuencias destas políticas, agás os poderes económicos e as elites que os representan", censuran os sindicatos, que anuncian xa unha manifestación "histórica" que percorrerá as rúas de Madrid e que rematará na Praza de Colón.
CCOO e UGT prevén unha marcha "de transcendencia histórica" e na que participarán todos os sectores sociaisXa este venres pola noite, serán centos os autocares que partan desde diversas localidades galegas para unirse en Madrid ás diferentes "mareas" que inundarán a capital e que serán incluso identificadas por cores, segundo o sector ao que representen. Cada unha delas sairá desde cadanseu ministerio responsable das políticas de recorte no seu sector. Así, as camisetas verdes corresponderanlles aos traballadores da educación, as brancas aos da sanidade, as laranxas aos dos servizos sociais e as negras aos da función pública.
"O punto de encontro dos manifestantes chegados de Galicia será a Praza do Doutor Marañón, ás 9.30"Todos estes grupos uniranse na Praza de Colón coas columnas que irán chegando desde as diferentes autonomías do Estado e que partirán desde diferentes puntos da capital española. No caso dos manifestantes galegos, o lugar de encontro será a Praza do Doutor Marañón, no medio da Castellana, a partir das 9.30 da mañá.
"A manifestación protestará contra os recortes e volverá pedir un referendo sobre as políticas de axuste"Os sindicatos pretenden así protestar, pero tamén chamar a atención sobre unhas políticas económicas e uns recortes que están a afectar gravemente a todos os sectores da sociedade, sen distinción, e que están a provocar unha enorme fractura social como hai anos que non se coñecía no Estado español. De feito, a marcha pretende ser tamén a expresión dunha sociedade "farta de tanto atropelo a cambio de nada", a denuncia da "fraude democrática" que supoñen unhas políticas económicas gubernamentais "en clara contradición" co programa do PP, así como a petición -unha vez máis- dun referendo no que a sociedade poida opinar sobre os axustes que está a sufrir.
"Estamos ante unha situación moi crítica, na que se produciu unha gran fractura social sen precedentes e continúa aumentando a destrución de emprego, estase devaluando o estado de benestar e, á súa vez, hai claros síntomas e expresións de involución ideolóxica e de prácticas autoritarias por parte do Goberno", denuncian os sindicatos, que advirten de que se está a "rachar" o consenso básico constitucional que xurdiu da transición española.
CCOO e UGT lembran que o Executivo derrubou en tan só uns meses "toda a arquitectura do dereito laboral que se construíu na transición democrática" e que está "a facer máis difícil a existencia" para as persoas en paro, ademais de"empobrecer a vida da inmensa maioría da poboación asalariada e pensionista, mostrarse hostil coa inmigración, negarlle o presente e o futuro á mocidade ou non ter en consideración a investigación e a ciencia".
"Camiñamos inexorablemente cara aos seis millóns de parados a finais de ano"Do mesmo xeito, e como máis argumentos para a protesta, os sindicatos denuncian que o Goberno do PP "abandona as persoas dependentes e as que as atenden; acantoa a cultura; deteriora os servizos públicos, a educación, a sanidade; exhibe unha vontade enfermiza de perseguir os sindicatos e colectivos de representación cidadá; obsesiónase co déficit e esquece o investimento público, a actividade económica e o emprego". Do mesmo xeito, entenden que se está tamén a "desentender da actividade económica, impoñendo unha política fiscal inxusta que aboca ao peche de milleiros de pequenas e medianas empresas". "En definitiva, camiña inexorablemente cara aos seis millóns de persoas en paro a finais de 2012", lembran.
Assinar:
Postagens (Atom)




