quinta-feira, 27 de setembro de 2012

Diante da represión polícial do goberno reaccionario do PP.

COMUNICADO

Os homes e mulleres, traballadores e traballadoras, que facemos parte da coordinadora de loitas A Coruña en Loita queremos amosar a nosa enérxica condea da brutal acción policial no dia 25 de setembro na capital do Estado español.
Á violenta represión policial, con preto de 70 feridos e unha trintena de detencións e mesmo a criminalización da protesta, non puido evitar que milleiros de cidadáns amosaran o seu rexeitamento do réxime burgués e as súas medidas fameadoras. Non só isto, foi unha clara demostración política ao redor dun programa republicano e anti-capitalista, inédito en convocatorias anteriores.
Na Galiza, unha manifestación de preto dun millar de persoas percorreu diversas rúas de Compostela sumando forzas contra o réxime corrupto e opresor.
Dende A Coruña en Loita facemos un chamado a manter as mobilizacións, esixindo a inmediata posta en liberdade dos detidos e o fin dunha odiosa dictadura que chaman democracia e non o é.
A Coruña, 26.09.12
A Coruña en Loita.

Nenhum comentário:

Postar um comentário