segunda-feira, 24 de setembro de 2012

Todos e todas a Compostela ó 25 de setembro.

O 25-S OCUPA A PRESIDENCIA, OCUPA O PARLAMENTO.


Estamos fartos de vivir nun sistema coaccionado polos mercados que nos levou a ser vítimas dunha estafa a grande escala á que chamaron crise. Consideramos que a situación traspasou todos os límites tolerables e que coa complicidade de todas as forzas políticas representadas nos parlamentos do Estado están a destruír os medios de vida das clases populares para manter os privilexios e fortunas dos máis ricos.
O noso sistema político resultou ser unha fraude na cal os distintos gobernos nos traizoan facendo exactamente o contrario aos seus compromisos electorais, e no que a xustiza non actúa contra os banqueiros, políticos e empresarios culpábeis da situación. Esta estrutura de poder viciada e inmoral implanta políticas que rematan cos nosos dereitos e destrúen as nosas vidas converténdonos en vítimas dunha represión inxustificábel cando demandamos un cambio na situación: secuestros, montaxes policiais, multas, agresións.
Cremos que o problema é de tal magnitude e as súas raíces tan fondas que a solución non pasa por efectuar reformas baseadas nos mecanismos do sistema político actual.
Por todo o exposto convocamos á cidadanía o día 25 de Setembro de 2012 a manifestarse de forma indefinida. A partires das 19:30 iniciaremos unha marcha desde a Praza Roxa polas principais institucións do poder en Compostela: o Parlamento de Galiza e a Presidencia da Xunta. O noso obxectivo é conseguir a dimisión do Goberno para que a través da unión de todas as loitas consigamos unha Sociedade máis xusta.

Saída da manifestación o 25 de setembro ás 19:30 desde a
Praza Roxa: traede cacerolas, instrumentos, etc.




Nenhum comentário:

Postar um comentário