quarta-feira, 23 de maio de 2012

Concentración hoxe no Obelisco contra os recortes en Sanidade Pública



Artistas, escritores, oenegés e asociacións de enfermos apoian a protesta de SOS Sanidade Pública na Coruña.


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca ás 20 horas unha concentración no Obelisco

Seoane/ La Voz de Galicia.

Persoas do mundo da cultura e da literatura, así como portavoces de oenegés e representantes de colectivos de enfermos amosaron o seu apoio á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública que esta tarde, a partir das 20 horas de hoxe, concentrarase no Obelisco contando coa participación de personaxes significados que lerán textos a favor do sistema universal e público.
Confirmaron a súa presenza as actrices Isabel Martínez Risco e María Luisa Merelas, a cantautora Mercédes Peón, o ex xogador do Deportivo Manuel Ríos, "Manolete", así mesmo representantes de organizacións como Médicos Sen Fronteiras e de distintas asociacións de pacientes.
Manuel Rivas, Lino Braxe ou Pancho Pillado, que non poderán participar, trasladaron igualmente o seu apoio ás reivindicacións de SOS Sanidade Pública, que rexeita o establecemento de copagos e critica a restricción do dereito á asistencia sanitaria de colectivos como os inmigrantes irregulares, os pensionistas retornados ou os maiores de 26 anos que non coticen e non sexan demandantes de emprego, ou das amas de casa.



terça-feira, 22 de maio de 2012

23 de maio. CONCENTRACIONS CONTRA A REFORMA LABORAL.

Unidade !

Diante da convocatoria de folga xeral no ensino para o martes dia 22 a nivel estatal polo sindicato CC.OO. do Ensino publico co apoio de FETE-UGT, ainda que non convocan, tense manifestado, por parte da CIG unha oposición que  nesta coiuntura na loita contras as medidas anti-populares do goberno da Partido Patronal e da plutocracia europea resulta dificil de explicar.
Somos decididos partidarios que os sindicatos de ambito estatal respeten e actuen no marco das diversas nacionalidades do estado español dun xeito coordinado coas que son propias das mesmas, facendo parte das plataformas propias e sobre todo nos sectores no que os sindicatos nacionais son maioritarios.
Todas e todos os mestres galegos, dos diversos niveis, teñen sufrido recortes nos seus dereitos é son concientes da sua repercusión na calidade de seu traballo, e algo moi importante, que ninguen sobra  nesta loita. O sentir maioritario é a unidade na loita, dun xeito consecuente e sin renunciar a criticar as actitudes pactistas de certos sinidicatos estatais.
Loita que ten que se unitaria pois non só afecta esta xeneración mesmo a la dos nosos netos e netas. Tratase dun ataque directo aos intereses dos traballadores e traballadoras sexan do sector publico ou privado.
As organizacions sindicais teñen á obriga, a responsabilidade, de deixar as diferencias para atopar espacios de unidade na loita. O mesmo, non significa abandoar os prinicipios de ninguen, tratase de dar un paso a diante na loita consecuente e non nó fraccionalismo que é o quere noso inimigo.
Goberno que no duvida en dar cobixo a banqueiros ladrons, politicos corruptos ou asasinos de animais. Mentras  o monicreque de Feijoo gasta en cadeiras de deseño os cartos que negan a nosa lingua e a sua normalización.
Facemos un chamado a reflexión, a xenerosidade, a poñer na liña do frente toda-las forzas, para esmagar as medidas do goberno reaccionario da Xunta e de Madrid.

Todo o Ensino Publico paralizado o vindeiro 22 de maio !

Plataforma A Coruña en Loita.

segunda-feira, 21 de maio de 2012

A Coruña: Convocan concentración diante das Escolas Infantis del Elviña e de Oza .


Traballadores das Escolas Infantis da Coruña convocan manifestacións contra os recortes.
O comité asegura que Benestar destruír 200 postos de traballo

O comité de Traballo e Benestar da Coruña continúa mañá coa campaña "futuro para os centros de Traballo e Benestar " coa realización de dúas concentracións, a primeira ás 9:30, fronte a Escola Infantil de Oza, eo segundo ás 11 no centro de Elviña, a fin de protestar "polos de 200 Postos de traballo que queren destruír a Consellería" e oporse a lei de medidas que afectan os funcionarios públicos do Goberno da Xunta, que acaba de ser denunciado polos sindicatos CIG xudicialemnte, UGT, DC. OO, e CSIF por unha disputa laboral e de chamar a lei inconstitucional.


A CUT apoia o chamado a folga no ensino o 22 de maio.

Folga no ensino o día 22

Cando no Claustro acabamos de asinar un pronunciamento, por unanimidade, en contra do Real Decreto 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, atopámonos coa convocatoria de folga (o día 22) feita polos sindicatos estatais. O ámbito da convocatoria abarca as tres Universidades Públicas Galegas. Compre, polo tanto, manifestarse ao respecto..

A convocatoria recolle todos os puntos do pronunciamento realizado no Claustro do día 15.

Contra o incremento da xornada lectiva que levará ao paro a moitos docentes e a masificación nas aulas.
Contra o incremento das taxas que fará que o ensino superior sexa exclusivo das clases máis ricas quedando a clase traballadora excluída deste nivel educativo; feito que se fará máis evidente ao se eliminar as políticas de bolsas e substituír este “fondo educativo” por préstamos reintegrables. Desaparece, deste xeito a universidade como elemento de equilibrio de clases, os que sexan pobres, os que non poidan pagar, estarán condenados a esa situación independentemente das súas capacidades.
Ten, este aspecto, un matiz non sinalado, si o incremento das taxas leva á redución do número de alumnos, haberá carreiras que se resentirán moito máis que agora da diminución das matrículas o que as levará, baixo a óptica que emana do propio decreto, a ser eliminadas, esta diminución de titulacións afectará a toda a Comunidade Universitaria, tamén ao PAS.
Outro factor, do que se fala menos, é a introdución no dito decreto do criterio de “racionalización do gasto” o que sen dúbida levará, xa leva porque a nosa Universidade xa o anunciou, á limitación, cando non á diminución das Relacións de Postos de Traballo (RPT).
Todas estas medidas afectan especialmente á Universidade da Coruña por tratarse dunha universidade inserida nunha nación deprimida e dunha institución con escaso financiamento.
O noso sindicato (CUT) non vai facer de esquirol diante dunha convocatoria por motivos xustos. Aínda non sendo o noso ámbito de actuación (o estado), diante dun chamamento á mobilización non imos rexeitalo.
Pensamos que na actual situación compre establecer lazos que posibiliten a continuidade nas mobilizacións, participaremos nas convocatorias de manifestacións como bloque crítico reclamando unha nova folga xeral.

FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL!!!

sexta-feira, 18 de maio de 2012

Un centenar de traballadores de Einsa concéntranse diante da delegacion do Goberno





O colectivo protesta polo anuncio da empresa de realizar 29 despedimentos e unha baixada do soldo do 13 %
A Coruña, 18.05.12 / La voz de Galicia.
Os traballadores de Einsa, que levan dez días nun paro indefinido, concentráronse esta mañá diante da delegacion do Goberno na Coruña para protestar polos despedimentos que quere levar a cabo a empresa, xunto coa baixada do soldo un 13%. Os traballadores tamén denuncia que a empresa recibiu ao redor de 50 millóns de euros en subveciones.

Dende A Coruña en Loita amosa seu apoio e solidariedade ao colectivo de traballadores e traballadoras da empresa EINSA PRINT.

domingo, 13 de maio de 2012

12M: Importante manifestación na Coruña.-

Imaxe na Plaza de Maria Pita./ La voz de Galicia

Imaxe da manifestación a sua saida da Plaza da Palloza. / La voz de Galicia

Imaxe do paso da manifestación diante a Delgación do Goberno. / A Coruña en Loita

sexta-feira, 11 de maio de 2012

A CIG protesta polo pre-acordo do Convenio do Telemárketing


A CIG elixiu a sé de Eurocén, a empresa de telemárketing en Galicia con máis traballadores, para expresar o seu rexeitamento ao preacuerdo do convenio do sector. Cunha concentración en Matogrande expresaron a súa oposición a un acordo que din que supoñería unha perda de nivel adquisitivo próximo aos 600 euros anuais. O preacuerdo recolle unha subida salarial do 0,5 % para o período 2010 e 2011, mentres que para o 2012 e 2013 situaríase no 0,7 %. «Son subas por debaixo do IPC, que nunca foi inferior nestes últimos anos ó 0,2 %», apunta o responsable do sector da CIG e asegura que isto se produce nun momento no que o PP apoiou o incremento de gastos básicos en recibos como a luz e a auga. Calvo apunta ademais que é unha situación que empobrece aínda máis os salarios dun persoal que de media roza o «mileurismo».