sexta-feira, 21 de dezembro de 2012

VERGOÑA !

En Galicia hai 133 persoas sen fogar por cada 100.000, case o dobre que no Estado

Redacción | @prazapublica

Por cada cen mil habitantes, no Estado hai 71,3 persoas sen fogar. Esa é a media que é superada por só catro territorios en España: Melilla, con 638,4 por cada cen milleiros de cidadáns, e Ceuta (549,9), seguidas de Euskadi (141,3) e Galicia (133). Xa que logo, o país é a cuarta comunidade autónoma onde máis persoas sen fogar por cada cen mil habitantes.
Ademais, e en canto ás maiores porcentaxes de persoas sen fogar, os datos de Galicia non son moito mellores. Sitúase no quinto lugar, cun 8,3%, só superada por Cataluña (21,3 %), Madrid (15,4 %), Andalucía (13,1 %)e o País Vasco (8,7%)
Galicia é a cuarta comunidade con máis persoas sen fogar por cada 100.000 habitantes e a quinta en porcentaxe (8,3%)
Así se tira da Enquisa ás Persoas sen Fogar do Instituto Nacional de Estatística (INE), que sinala que nos centros de atención á poboación sen casa deuse asistencia a 22.938 persoas. O 45% dos cidadáns que quedaron sen casa neste 2012 perderan o seu traballo. Outro dos motivos que destacan á hora de perder o fogar é o de non poder facer fronte ao pagamento da vivenda (26%), separación da parella (20,9%) ou por desafiuzamento (12%).
Ademais, o 31,9 % das persoas levan menos dun ano sen dispor dun aloxamento, o 23,6 % entre un e tres anos, e o 44,5 % levan máis de tres anos sen fogar propio. En canto á nacionalidade, o 54,2 % son españois e os 45,8 % estranxeiros,

Nenhum comentário:

Postar um comentário