segunda-feira, 31 de dezembro de 2012

Pelotazo urbanistico no Agra de S. Amaro e Adormideras.

Comunicado Oficial Esixencias 2013

Do mesmo xeito, denunciamos o posicionamento belixerante do Concello da Coruña ao boicotear calquera intento de diálogo que permita a resolución dun problema que afecta ao conxunto da cidadanía coruñesa. O Goberno Municipal liderado por Carlos Negreira, empregou efectivos policiais perante unha veciñanza que, de maneira pacífica e por vías democráticas, tentou amosar o seu rexeitamento a un acto especulativo sen presecedentes na nosa cidade.
Insistimos en sinalar que os promotores da Agra de Santo Amaro non teñen dereito a ningún tipo de compensación posto que ditos Estudos de Detalle son nulos de pleno dereito ao non contar co visto bo nin estar informado Patrimonio Cultural no seu momento.
Con iste comunicado anunciamos un incremento das mobilizacións sociais co fin de acumular as forzas precisas até conseguir os nosos obxectivos e as nosas esixencias:
1.- Recoñecemento da Comisión de Afectadas/os das Durmideiras e a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto como interlocutores no conflicto e recibimento oficial por parte do alcalde Carlos Negreira das mesmas.
2.- Paralización inmediata do “Pelotazo das Durmideiras” que procura a construción dun centro comercial e un edificio de 330 vivendas no xardín natural da Praza Galatea.
3.- Cese inmediato da persecución e o emprego das forzas de orde público contra o tecido social e cultural da nosa cidade.
A Coruña, 30 Decembro 2012
A.V.V. Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules

Nenhum comentário:

Postar um comentário