quinta-feira, 20 de dezembro de 2012

Multiples accions dos funcionarios publicos na Galiza.

As mobilizacións están convocadas polas distintas Xuntas de Persoal e os comités de empresa
O persoal das administracións públicas está chamado a mobilizarse, este xoves día 20 de decembro, para denunciar a retirada da paga extraordinaria e na defensa dos dereitos laborais e dos servizos públicos, tal e como veñen facendo nos últimos meses. As concentracións e actos previstos están convocados polas Xuntas de Persoal e os comités de empresa.
2012 09 27 ProtestaAreaPublicaOurense01
No sector de xustiza a plataforma en defensa da xustiza pública convoca, ademais, un apagón informático ás 11:00 nos distintos centros de traballo -xulgados, audiencias...- e concentracións simultáneas.
Entre os actos máis salientábeis cómpre sinalar que no sector da administración do Estado, na Coruña, alén das concentracións que se veñen mantendo, diante dos centros de traballo, ás 11:00 horas cantarán panxoliñas nunha concentración diante da Delegación do Goberno. A Xunta de Persoal da AEAT ten programada para ese día unha doazón de alimentos na cociña económica.
No sector de administración local, tamén na Coruña, Xunta de Persoal e Comité de Empresa convocaron unha folga de 2 horas, entre as 11:00 e as 13:00 horas, coincidindo cunha concentración, diante do concello, na que se agarda que o punto álxido de afluencia sexa contra as 12:00 horas. En Compostela, tamén está convocada unha folga de 2 horas, entre as 12:00 e 14:00 horas, cunha rolda de prensa previa, ás 11:30 horas, na sala de prensa do concello, seguida dunha concentración na Praza do Obradoiro, chocolatada con churros e entrega de octavillas polas rúas.
O sector da administración Autonómica –Xunta de Galiza ten convocado:
-A Coruña: concentración ás 11:30 horas, no edificio administrativo de Monelos, entrega de sinaturas no rexistro con presenza do Apalpador e brindes recortados. Convocan Xunta de Persoal e Comité de Empresa.
- Lugo: No edificio administrativo da Xunta, está prevista unha entrega de sinaturas pola recuperación da paga extra.
-Compostela: concentración ás 11:30 horas, diante do edificio administrativo de San Caetano, diante da cafetaría, convocada pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa.
-Ferrol: haberá unha entrega solidaria de alimentos.
- Pontevedra: de 9:30 a 14:30 horas, doazón de sangue na praza entre o edificio administrativo e o edificio de Facenda. Convoca a asemblea de traballadores/as

Nenhum comentário:

Postar um comentário