terça-feira, 24 de abril de 2012

A CIG protesta na Coruña pola situación no Banco Pastor.



EFE. A CORUÑA Decenas de delegados do sindicato CIG concentráronse esta mañá ante a sé central de Banco Pastor, na Coruña, para esixir o mantemento dos postos de traballo na entidade financeira trala súa absorción por Banco Popular.
Así mesmo, a central nacionalista reclama a apertura dunha mesa de negociación coa representación social e información respecto ao futuro laboral de ambas entidades.
A CIG convocou novas protestas os días 26 de abril e 2 e 4 de maio, cando terá lugar unha nova concentración diante da sé de Banco Pastor ás 19:45 horas.
Paralelamente, a central nacionalista está realizando unha serie de asembleas cos traballadores para analizar a situación laboral actual.
Estas asembleas xa se realizaron en Vigo e A Coruña e as próximas citas serán en Santiago, Lugo e Ourense.
A CIG rexeitou a absorción polo Banco Popular e denuncia que este proceso propiciou que a que a entidade bancaria galega estea liquidando aos traballadores "a prezos de saldo".



Nenhum comentário:

Postar um comentário