sábado, 14 de abril de 2012

A CIG presenta asambleia de desempregados/as no Ferrol.

Los parados gallegos piden que se supriman las horas extras, 35 horas semanales y un salario mínimo de 1100 euros


La asamblea de desempregados/as, promovida polo sindicato CIG, se ten presentado este mércores no Ferrol.
Un dos voceiros designados pola Asemblea explicaba durante a rolda de prensa os obxectivos e as demandas do colectivo, compiladas nunha táboa reivindicativa á que esperan seguir incorporando novas propostas. Neste senso, durante a comparecencia animouse a participar na convocatoria da asemblea do vindeiro martes a todas as persoas interesadas e a trasladar a súas achegas coa fin de aglutinar forzas para visibilizar socialmente na rúa a problemática do desemprego e as inxustizas xeradas polo sistema capitalista.
Os voceiros do colectivo destacaron que tan só na área de Trasancos, Eume e Ortegal xa hai máis de 21.000 traballadores/as en situación de desemprego. Cifra que continuará incrementándose por mor da gravísima crise que padece un sector estratéxico para a comarca como é a industria naval.

Propostas da Asemblea

Na súa intervención, os voceiros da asemblea lembraron que a situación de crise actual non foi provocada pola clase traballadora, aínda que a oligarquía financeira e o gran capital pretendan que sexan os traballadores e as traballadoras quen paguen a saída á mesma “condenándonos ao desemprego a un número cada vez maior de traballadores/as, ao tempo que impón unhas condicións laborais draconianas para aqueles que aínda conservan o seu emprego”.
Fronte a estas políticas de recortes e axustes aplicadas polos diferentes gobernos a Asemblea de desempregados/as da CIG de Ferrol propón toda unha serie de medidas urxentes destinadas a combater a situación de desemprego e fomentar a creación de postos de traballo:

- Derrogación de todas as reformas lexislativas en materia laboral e de seguridade social aprobadas tanto polos gobernos do PP como o PSOE.
- Estabelecer a xornada laboral de 35 horas semanais e prohibir a realización de horas extraordinarias de carácter estrutural.
-Incremento do Salario Mínimo Interprofesional para garantir unhas retribucións dignas.
- Creación do subsidio por desemprego universal.
-Estabelecer o pagamento da prestación de desemprego para o primeiro día de cada mes.
-Elaboración de Plans públicos de formación interprofesional permanente para as persoas desempregadas.
-Un Servizo Público de Emprego con capacidade efectiva de colocación, inserción, formación e reciclaxe laboral e desaparición das ETTs.
-Intervención pública na economía.
-Exencións tributarias para traballadores e traballadoras desempregados/as.
-Ampliación dos servizos públicos en sanidade, ensino, servizos sociais, etc, con fornecemento de recursos e creación de emprego necesario.
-Suspensión dos desafiuzamentos e creación dun parque público de vivendas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário